Cidadanía sen obxeccións
Unha ampla maioría dos membros do Tribunal Supremo rexeitaron o «dereito a obxectar» a materia de Educación para a Cidadanía da ESO. Unha noticia, que aplaudimos xa que pon remate a unha falsa e interesada polémica educativa animada de forma meduliana durante os dous últimos anos polo Partido Popular e pola Conferencia Episcopal. Este suposto «dereito á obxección», con escasísima acollida entre as familias, uníase ás excentricidades metodolóxicas de Esperanza Aguirre e Camps coas que pretendían, dende as súas comunidades, boicotear a implantación da materia; medidas, afortundamente xa, tamén reconducidas polos tribunais.
Sabiamos que os contidos da EpC, que desenvolven os grandes valores que defendemos os demócratas (recollidos no texto constitucional e nos desenvolvementos dos estatutos), non lesionaban dereitos fundamentais ningúns dos pais nin dos estudantes. Así, se repasamos os currículums destas materias ou a maioría dos libros de texto publicados polas diversas editoriais privadas (con enfoques metodolóxicos non sempre coincidentes), podemos comprobar que non é doutra cousa que de cultura democrática e do traballo educativo sobre os grandes valores constitucionais de respecto á liberdade, á igualdade e ao pluralismo do que versa a EpC. Este e non outro é o miolo da sentenza.
Agora, a volta dos alumnos obxectores as clases e a obriga de recuperar as sesións perdidas (como propón a ministra Cabrera) serán unha primeira e necesaria lección de igualdade e responsabilidade para estes estudantes (algúns dos valores que traballan as materias). Ben sería, tamén, que os membros do PP, os seus voceiros mediáticos e a Conferencia Episcopal, que teñen a obriga de acatar a sentenza, pediran ademais algunhas desculpas. No entanto, e non son agoreiro, témome que non o van facer e seguirán enredado coa polémica co seu recurso ao Constitucional.

[Por certo, gustoume a idea do videocomunicado da ministra sobre a sentenza. Un xesto interesante sobre a utilización de internet. ].
“Unha noticia, que aplaudimos”
Unhos aplauden, e outros non.Como tampouco todos somos “anxo”
A ministra italiana foi a primeira en utilizar o outro día o you tube para anunciar as materias que ían caír en selectividade. Non sei se a copiaron.