«Malia ao escaso tirón»
Lendo esta incrible noticia publicada no xornal.com sobre o posicionamento nas librarías das novidades editoriais galegas durante esta campaña de nadal, compréndese mellor que a nosa peor e principal doenza é a da falta de autoestima e confianza na literatura propia.
Velaí un exemplo da profecía cumprida. «As editoriais españolas mandan nas vendas das librarías galegas este Nadal.» O titular promete, mais entrando na redacción do corpo da noticia, xa nos decatamos que asistimos ao coñecido relato da carencia de best sellers en galego. Non os temos, aínda; mais temos unha oferta variada e literariamente coidada. Pois non. Tanto para o redactor da noticia como para un dos libreiros consultados neste Nadal hai «moitas novidades en galego máis ningunha destacada» (que eles identifican coas obras narrativas de Suso de Toro e Manuel Rivas; e recalcan as narrativas, que as xornalísticas se «venden menos,» non se vaia confiar nin o propio Rivas que ousou publicar este ano dúas). E ámbolos dous quedan tan panchos, utilizando sen arroibarse categorías que para eles forman parte das evidencias. Outros dirán que son as categorías do mercado. Pobre ducia de novidades narrativas galegas (que están recibindo un magnífico tratamento por parte dos esforzados críticos) e doutras tantas magníficas traducións (sempre chegan tarde) despachadas de forma tan fulminante e pouco matizada.
Con todo, o máis tremendo da noticia, é o parágrafo final, onde o redactor, por se non quedase claro, ao relacionar os títulos galegos que sobresaen (meus «pobriños», failles un favor ao citalos, mesmo a eses dous «premios nacionais»), volve recordarnos «malia ao escaso tirón». Noxenta, a verdade, esta falta de orgullo polo propio. Inconcebible en calquera outro sector económico.
Con semellante entusiasmo expresado polos libreiros consultados e polos responsables da redacción de Xornal de Galicia (unha noticia impropia deste medio), a Campaña da Consellaría de Cultura e Deporte de promoción da venda do libro e disco galegos quedará reducida ao cativo territorio do voluntarismo militante das minorías galegófonas da minoría de lectores. E a noticia, nada fala, do noso libro infantil. Tampouco imos fachendear de contar cun pobo lector. Outra mostra máis de que o principal problema do libro e da lectura en galego, somos nós e a nosa falta de autoestima.

Nin Xurxo nin Pablo son sospeitosos de nada. Os dous tiran o que poden do libro galego, e teñen razón. Non temos nadiña ineresante que vender en galego este ano.
Non é falla de autoestima, xa está ben de pensar qeu a culpa das cousas que suceden a teñen sempre os demáis.
Eu levo semanas recomendando as novidades de Xerais ou Galaxia deste ano e os clientes miran cara outro lado. Non llas podo facer tragar.
Sen negar o impacto negativísimo da falta de autoestima, hai que estudar ben como persoas que están ao fronte de librerías chegan a semellantes conclusións. É posible que falte unha profesionalización extrema de todo isto? Como é posible falarmos dun éxito sen precedentes de culturgal, baseado fundamentalmente na exhibición do libro, e que non se venda o que se ten que vender? Como é posible que un libro do que apenas sabemos nada polo mero feito de aparecer nunha morea indecente de libros na entrada dunha librería acade o papel de best seller? E a pregunta é por que non se fai o mesmo cun libro de Calveiro (poño o caso dun que podería perfectamente ser o best seller do ano), por exemplo? Que é o que leva á Casa do Libro a poñer os libros en galego nunha mesa un tanto apartada, nun recuncho tamén apartado e non no medio medio da librería? Ou a Librouro, que deixa os libros de galego nun estante tamén afastado do centro centro da librería? Cal é a estratexia comercial? Cal é a estratexia das distribuidoras? Non podo crer que libros que poden gustar e moito a moita xente non poidan ter saída, á marxe da lingua que se empregue.
Por riba, hai cousas que non son certas: “Tras do solpor”, de Murakami, saíu antes na tradución de Galaxia ca na de Anagrama. Así que iso de que chegan tarde non é a causa que explica a cuestión.
A reportaxe, aínda tendo en conta as boas intencións de quen a fixo, queda só na codia. Pois son outros, e ben concretos, os problemas que afectan á falta de visibilidade dos libros en galego. Desde os currunchos marxinais en que se atopan nas librarias ata os prexuízos de fondo que se arrastran sobre a lectura en galego. Prexuízos que, por certo, e dou por suposto que sen querer, esta reportaxe contribúe a asentar. ¿Así que non hai novidades de interese? ¿Que son logo “O xardín das pedras flotantes”, “Libro das viaxes imaxinarias”, “Fin de século en Palestina”, “Memoria das cidades sen luz”… por non citar xa ningunha das interesantes traducións (Quim Monzó, Bohumil Hrabal, Sergi Pamiès, Murakami, etc.? Mentres non se lles faga un sitio decente nas librarías e non se fale delas nos medios con naturalidade, será imposible que cambie nada.
Eu k de isto non entendo moito me pregunto:¿xa logo non seria bo traducir os libros a o castelan e intentar vendelos nos dous idiomas?
Kizais, logo intenter leer a “verxion orixinal”
A moita xente costalles leer en galego, hai moitas palabras k moitos non entenden.Eu mesmo estou empezando e leer agora en galego, e faltame a costume, as veces, costame.Un saudo
A.coruñes
Farían ben editores, libreiros e lectores (-as x3) en non criticarse dese xeito e en decatarse que non se trata dun problema de tradución instantánea nin de autoestima (argumento curiosamente análogo ao utilizado durante tanto e tanto tempo na política nacionalista).
O problema é ben máis de fondo, e ben máis gordo. Non hai lectores de galego, e cada vez hai menos, confiran. É o que é peor cada vez hai menos lectores de galego de calidade. Non se esixe por ningures un mínimo de calidade no idioma, que é a estrutra que conforma un espazo literario. Non é un problema de normativa, ollo. O galego pérdese cuantitativa e cualitativamente. Sen esixencia e imposición (si, imposición, como se impón o castelán) nada hai que facer.
E hai outros problemas, como a introdución das novas tecnoloxías e a necesidade de que haxa unha conxunción entre contidos, soporte e canle de venda.
Parécelles pesimismo, derrotismo, ou un diagnóstico sobre o que comezar a traballar? A min o que me parece que non ten saída é o mesmo debate de sempre mentres esmorece o mercado, o negocio e as expectativas dunha alta cultura á vella usanza europea que unha lingua minoritaria e minorizada como a nosa non poderá ter cando menos nos próximos 50 anos.
Por último permítanme unha defensa de Pablo Couceiro, con razón ou sen ela. Apóstolles que a afirmación de Murakami é colleita do/a xornalista. E apóstolles que malia a todo, algo mellor lles iría a todos/as Vostedes se nas políticas da Consellaría tivesen máis peso os libreiros (algúns cando menos) e non tanto os editores.
Os datos que eu manexo amosan que a situación do libro galego non é tan apocalíptica como se recolle na reportaxe do novo xornal. De aí urdín o meu comentario. En ningún caso pretendo minusvalorar a opinión que poidan ter os meus compañeiros os libreiros sobre as nosas novidades deste Nadal. Formamos parte todos da mesma cadea. Porén, o comentario de Calidonia si que é desesperanzado e apocalíptico. Ten toda a razón: o problema está na lectura, nese concepto extenso e amplo, de carácter político, do que entre nós ninguén quere falar.
Sería moi conveniente, ao mellor, que nun vindeiro goberno a Cultura fose con Educación para que certos asuntos puidesen ser tomados desde o mesmo lugar.
O Xornal de Galicia enmendou hoxe, creo, a reportaxe anterior.