Escándalo nas oposicións
Sabemos que hai noticias que corren no ruxe-ruxe dos cafés e dificilmente chegan aos medios (coa excepción dalgún blog). O escándalo das oposicións do profesorado de Secundaria deste pasado verán foi unha delas. Sabiamos que os interinos foron claramente beneficiados pola Administración educativa. Sabiamos que opositores con exames extraordinarios, quedaron á porta sen posibilidade ningunha, mentres interinos con probas penosas, aprobaban. Sabiámolo e todos calamos coma petos. Foron estas oposicións “restrinxidas” (aínda que non aparecesen como tales, por que a Lei da Función Pública impide esta figura) un sistema de acceso á función pública baseado nos principios constitucionais de “igualdade, mérito e capacidade”?
Afortunadamente hai algunha persoa afouta que hoxe no Faro levanta a voz da dignidade denunciando este escándalo e defendendo ao colectivo de opositores que até agora non tiña nin sindicato que piase por eles. Non teño dúbidas de que estas oposicións trucadas foron máis unha descarada regularización de interinos ca un sistema fiable de acceso igualitario e transparente á función docente. Temo que, ademais, van contribuír ben pouco a mellorar a calidade da nosa educación. Desta volta a Consellaría de Educación e os responsables dos sindicatos do ensino erraron primando intereses corporativos. Unha mágoa!
Escándalo estival de calibre semellante ao da integración de persoal laboral das fundacións sanitarias no SERGAS sen pasar por unha oposición que garanta eses principios constitucionais de “igualdade, mérito e capacidade”.
Algún día alguén estudará o caso dun país no que os opositores mellor formados tiveron que marchar do país porque as prazas eran ocupadas por fillos de “buena familia”. Hai profesores galegos por Extremadura, Andalucía, Castela-León, Madrid, etc. O mesmo ocorre nos postos administrativos, persoal médico-sanitario, etc. Moitos (inclúome) renunciábamos a presentarnos no noso país porque sabíamos de sobra como funcionaban as cousas e non estabamos para perder o tempo. O triste de todo é que a min xa me están chegando noticias de que as cousas seguen igual ou se cadra peor porque os fillos de “buena familia” xa estaban todos máis ou menos colocados. Isto é vox populi entre o universo dos opositores. Sinceramente, vexo moi mal este bipartito, lamentablemente.
Un exemplo máis de como foron as cousas: Na oposición de debuxo de secundaria e na de “debuxo artístico e cor” do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (os que dan clase nas escolas de arte), suprimiuse o examen práctico. E dicir, que non é preciso saber debuxar nin pintar nin saber resolver un exercicio de debuxo técnico para acadar a plaza de profe de debuxo. Cada vez que quero provocarme un cortocircuito nos miolos imaxino un despacho da consellería de educación e catro ou cinco persoas nunha mesa, de súpeto unha delas propón : “¿E se eliminamos o examen práctico das oposicións de debuxo?”. E as outras din: “Venga, vale, total, ¿que máis da?”.
Saúdos!
Acertadísimo, señor Brétemas. Na miña familia hai algún deses “opositores estafados”. Qué vergoña.
Eu tamén me presentei a esas oposicións. Foron as oposicións da fraude. As oposicións da vergoña. Téñolle que agradecer o seu labor prestado ós sindicatos e á Consellería de Educación pola súa “arma de engando masivo”. LAURA SÁNCHEZ, DEMISIÓN!!!!!!
O que me parece moi desatinado foi que ós interinos que non cumprían as bases da convocatoria por aspectos formais non os excluísen das listas. Ou somos rigorosos para todos ou sómolo menos pero en igualdade de condicións.
Paréceme tamén lamentable que os interinos excluídos por detalles formais na programación didáctica non só non ficasen excluídos. Ó seren excluídos da oposición, pero non nas listas o que se fixo é darlles máis tempo de vacacións, mentres outros pringados seguiamos estudando. Iso é o que querían moitos interinos conserva-la praza e non estudar. Abofé que o conseguiron.
Grazas CIG-Ensino, Grazas CC.OO, Grazas UXT, Grazas Conselleira de Educación. Agardo que durman coa conciencia ben tranquila.
P. S: Nas próximas eleccións, vainos votar …….Perico dos Palotes.
Para ser profesor de latín non se precisa saber traducir, nin tampouco un aspirante a profesor de inglés ten que demostrar interpretar un texto nesa lingua, para ser profe de debuxo o de menos e saber que é a perspectiva…¿que non fará falta saber para ser Conselleir@ de Educación? País de tolos….e todos caladiños como manda a tradición…¡puag!
Como a inmigración/emigración dentro do estado español non conta como tal nas estatísticas estatais, non se sabe moi ben canta rapazada preparada tivo que coller a porta e marchar aos madriles, as barcelonas, as canarias. Ademais, moitos nin empadroados están na emigración.
Xente que naceu aquí (aí), preparada en universidades e centros galegos… Cantos compatriotas están a traballar na construción ou na hostalería?
Pero non. Mentres tanto, podémonos permitir
– levantar cidades (?) da Cultura (?) aplaudidas por intereses locais, mentres temos os índices de lectura e emprego de novas tecnoloxías entre os máis baixos do estado. E a nosa industria cultural? Grazas, BNG-PSOE.
– regalar quince mil euros, por que si, a uns cantos cidadáns escollidos non se sabe moi ben a conto de qué (pero podemos imaxinalo). Grazas PSOE.
– subir os soldos dos politicos xunteiros (unha das primeiras medidas de Touriño) e permitir logo que os alcaldes poidan facer o mesmo, xunto con dedicacións exclusivas a tutiplén para moitos concelleiros. Grazas PSOE.
– convocar unhas oposicións (malfadado país, Galicia, que ten que vivir pendente dunhas putas oposicións) regaladas para uns cantos, non vaia ser que lle fagamos pupita aos sindicatos de turno? Grazas, PSOE.
– subvencionar medios de comunicación públicos, algúns deles escritos nun 95% en castelán. Grazas PSOE-BNG.
– manipular a información dos informativos da TVG. Os “cidadanos” de Galicia van moi ben. Grazas PSOE.
Cantos deses rapaces, formados en Galicia,e que tiveron que liscar, volverán á nosa terra? Non estamos aínda a tempo?