Pechou a Librería González
Onte pechou outra das librarías históricas galegas: a Librería González da rúa do Vilar de Santiago, onde será ubicada unha franquicia de vestiario. Creada en 1929, nos últimos anos supervivía coa venda de libros de agasallo e de turismo, foi un dos espazos clásicos para a venda de manuais universitarios.
A rúa do Vilar, despois do peche da libraría de Eduardo (importantísima nos anos da Ditadura e da reforma Política), da Galí (a máis vella de España) queda son con Encontros e cunha librería relixiosa. Outra anotación para o noso mapa sentimental de librarías desaparecidas, unha lista que se incrementa inevitablemente cada ano. A boa noticia, pola contra, é o anuncio da reapertura da Libraría Couceiro (seguramente a finais do mes de xuño) na praza de Cervantes, onde disporá de seis plantas e dunha proposta de animación libreira moi interesante.

Así que pechou González. De nena ía moito por alí e volvín despois da reforma. Mágoa.
Todo un referente en caligrafía refraneira. Mágoa. Pechan as tabernas, pechan as librarías, pechan as pensións. Todo un mundo universitario que remata.
¿Pode sorprenderse alguén de que pechase González? Parecía que era o que os seus donos estaban desexando. Desleixo, incompetencia, desorde… esa é a verdade sobre esa librería. Están moi bonitos os tópicos melancólicos, pero o raro sería que unha librería así de automaltratada e autoboicoteada puidese seguir aberta.