Xosé L. Méndez Ferrín, solidariedade traballadores de Astano (1985)

As marabillas de you tube permiten acceder á memoria próxima. Eis os documentos audiovisuais recuperados por Calidonia do festival musical e literario en apoio aos traballadores de Astano, celebrado no pavillón da Malata de Ferrol o 10 de febreiro de 1985. Ademais deste discurso de Ferrín e do recitado de Rivas, poden visionarse as intervencións de escritores como Manuel María, Pepe Cáccamo, Darío Xohán Cabana, Xosé Manuel Beiras, entre outros. Sería interesante ir subindo outros materiais gravados, semellantes ao que comentamos, que permitirían comprender de ónde vimos.
11 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Unha pasada! As imaxes proceden dun DVD con todo o festival que editou o Concello de Fene. A calidade non é moi boa pero é un documento interesantísimo.
    Aínda que o coñezo de hai algún tempo, nin se me pasou pola cabeza que o presentador do festival é Daniel Romero.

  2. trapos
    trapos Dice:

    Onde vai que Calidonia puxo ese vídeos no YouTube… Un par de meses? Están máis que chuzados e linkados noutros blogs. Deixe de vivir na súa propia circunstancia, señor Brétemas.

  3. marcos valcarcel
    marcos valcarcel Dice:

    (Para trapos) Pois eu non os vira e agradézolle a Brétemas a referencia: que non todo o mundo está colgado da rede todo o día…

  4. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Trapos: para min a rede non é unha competición, pola contra entendo que é un traballo colaborativo para todos. Tecer a rede enlazando os contidos que a cadaquén lle parecen máis valiosos é o mellor xeito de recoñecer o traballo dos outros. Os enlaces destes vídeos son un recoñecemento explícito da iniciativa de Calidonia.

  5. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Señor Bretemas é observable o ánimo de promoción dos escritores de Xerais, é loabel , e eles, os escritores deben de estar moi contentos con vostedes. Dende logo Xerais colocouse a moita distancia das outras editoriais, pero non escqueza señor bretemas, por favor, que os escritores fan literatura, ou tentano, e non simples mercadorias. Agradecerialle que recoñecese de vez en cando, que a parte de Xerais hai vida literaria na Galiza. Podería dar de vez en canto a nova dunha aprecións dun autor non Xerais. Eu por exemplo pregúntolle cal é para vostede a mellor novela aparecida este ano, sen sen de xerais, claro.
    Non me tomo esto como unha ofensa, porque respeto o seu traballo, xa outros quixeran ter un editor tan activo e compremntido cos seus. Pero é que outros, comprenda señor bretemas, tamén existimos.
    Un escritor non Xerais.

  6. trapos
    trapos Dice:

    (para marcos valcarcel) Non é cuestión de estar “colgado da rede todo o día”. Simplemente revisar de cando en vez (pero non cada dous meses) sitios non tan raros da rede galega como o propio blog de Calidonia. Aínda que igual para vostede é un gran esforzo. E preséntolle as miñas desculpas.

    Brétemas, quen fala de competición igual é quen ten a sensación de chegar sempre tarde.

  7. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Para o que responde ao que digo de competición:
    Non señor, non teño a sensación de chegar sempre tarde, se non de notar que hai desintereses interesados en que ninguen chegue porque faría sombra.

  8. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Non malgasten tempo en discutir sobre demoras. Todas as ligazóns a eses materiais son poucas, non lles parece?

    O mérito hai que darllo a quen o ten. Daniel é o principal culpábel do seu resgate e reedición. mais sen o concurso entón e agora de moitas outras persoas comprometidas no movemento social e nacionalista de Fene non existiría nin o festival nin a súa gravaciónn.

    E por certo, se saben de alguén que teña gravados os documentis de La 2 sobre a Autonomía, pregaríalle que os puxera a circular rapidamente pola rede.

    Saudiña

  9. Águia de Cartago
    Águia de Cartago Dice:

    Ben, que o de facer propaganda a máis escritores que os de Xerais estaría ben, pero non é obriga ningunha. O blog do Brétemas é un blog persoal non o portal Vieiros e pode falar do que lle pete, tampouco fai crónicas dos partidos do Depor e os de Coruña non nos queixamos (aínda).
    Tampouco creo que haxa que pelexarse polos links, como dixo Calidonia, o importante é que se difundan.
    Por certo que o Ferrín no ano 85 nin Rappel, que visión de fututo co da Unión Soviética…

Los comentarios están desactivados.