Xabier DoCampo recibirá o sábado unha homenaxe en Vilalba
Organizado polo club de lectura da Asociación Xermolos e pola Irmandade Manuel María, o vindeiro sábado, 24 de outubro, terá lugar no Muíño do Rañego de Vilalba, baixo a denominación de “Nun lugar dos soños”, unha homenaxe ao escritor Xabier DoCampo. Os actos comezarán ás 12:00 do mediodía cunha mesa redonda na que participarán Fina Casalderrey, Xosé Cobas, María Xesús Fernández, Agustín Fernández Paz, Antía Otero, Mercedes Queixas e David Otero. A continuación, terá lugar a colocación do cuarto hectómetro literario no Paseo dos Soños. Os actos rematarán cun xantar de irmandade no restaurante A Nova Ruta de Vilalba (para apuntarse chamar ao teléfono 646413890). Esta é unha merecidísima homenaxe que permitirá a tantos e tantos amigos, lectores ou cidadáns amosar a gratitude e afecto polo grande mestre chairego.
Trackbacks y pingbacks
[…] de onte foi unha xornada para lembrar. Un cento de amigos e amigas acompañamos a Xabier DoCampo na […]
[…] sábado Xabier P. DoCampo recibe unha merecida homenaxe en Vilalba, no Muíño do Rañego. Dedícanlle cen […]
Los comentarios están desactivados.