Xabier DoCampo e Marcos Calveiro premiados
Noite entrañable a de onte no Carballiño. Creo que en liñas xerais foron uns premios ben atinados. O primeiro recoñecemento para Festina lente (agardo que virá algún máis) de Marcos Calveiro foi para nós unha noticia magnífica. O discurso do mestre DoCampo foi excepcional (prometeu subilo ao seu blog), unha defensa da lingua memorable. Beizóns!
Teño para min que o libro de Marcos Calveiro é merecente de moitos premios, pero, sobre todo, é dos poucos que podería arrastrar moitos lectores e, se hai traducción a outros idiomas e eu agardo que así sexa, pode resultar un auténtico best-seller. É cuestión de estratexias de mercado editorial. Eu, desde logo, apostaría forte por el.
Parabéns aos dous premiados.