Unha lección sobre o futuro da edición galega?
Nin sequera unha mención na web dos editores galegos, uns editores demasiado concentrados nas súas pretensións de que as institucións públicas lles baleiren os almacéns dos excedentes rexeitados polo público, demasiado compracidos coa compaixón allea, e tamén propia, que esperta esa perenne situación de crise que atravesa o sector, como para poñerse a discorrer en novas liñas de negocio ou buscar unha formulación global para solucionar o problema.
Palabras, sen dúbida, moi ferintes para o colectivo de editores galegos que desde o traballo rigoroso e honesto procuramos atopar novos camiños para o noso sector. Mágoa que Moisés non confrontase as súas iniciativas e propostas coas doutros editores e participantes nos debates que se produciron no Simposio e que continuaron na rede. Nun ambiente de respecto e confrontación sincera de posicións algo quedou moi claro: todos desbotamos sen excepción calquera posición vitimista ou compracente sobre o noso oficio e o noso futuro. Desta volta, Moisés errou o tiro, ben que o sinto.
Se non fose pola dirección no navegador esta parecería unha das habituais lideiras do bar de Jaure.
Alégrome que de vez en cando baixe a area Mr. Brétemas. Un pouco de sangue e suor públicos é o que necesita o sistema literario galego.
Moitas grazas polo enlace doutro día e polos parabéns.
¿os de edicions rotonda van un poco de sobrados ou?
¿que carallo é iso de que os autores son uns vagos… é vago ser profesional e facer ben o seu traballo?
vagos serán eles que por non ser editories de verdade e loitar coa fdificultade das edicións as pérdidas e as distribuidores e as imprentas fan unha carallada na rede, que eu xa auguro unha duración máis ben limitada, xa que o libro segue a ser un obxecto … ninguén se conforma con ler fotocopias dun libro baixado da rede…