Un país digno
Nestes días de repaso á memoria lin moitas tonterías e nimiedades sobre o 23-F. Non lin que en todas as nosas cidades, houbo unha “defensa” civil dos concellos. Durante toda a noite foron ocupados polos concelleiros e militantes de Unidade Galega, penso que a iniciativa foi daquela coalición, case podo aseguralo, tería que confirmalo Camilo ou Carlos Vázquez, e estivemos acompañados polos compañeiros do Bloque e algúns do PSdeG. Fixémolo de modo consciente, era unha resistencia simbólica, mais militante. E non puiden evitar lembralo cando repasei o que ocorreu no 36, cando tamén os concellos foron o lugar da resistencia civil, ao menos na miña cidade. A iso da unha da madrugada chegaron diante do pazo de Raxoi unha columna de artillería dirixida polo gobernador militar da praza, comandante Bermúdez de Castro (que fora prácticamente obrigado polos seus oficiais a sumarse ao golpe) e recibiu as chaves do Concello, que deixara Anxel Casal había uns minutos, de mans do xefe da policía municipal, Vez Quijano. Este sería un dos que asasinou uns días despois a varias persoas, entre eles a Alonso Puente, “Nécoras”.
Volvendo ao noso 23-F, logo que fracasou, o día despois a iso das doce do mediodía o entón alcalde, Souto Paz, recibiu unha chamada telefónica: “le habla el mando militar de esta plaza, a partir de este momento le devuelvo el mando de la plaza”.
Con isto quero dicir que frente ás estupideces e ás trivialidades que levo oído e lido estes días, aquel golpe era verdadeiramente un intento de repetición do que desencadenou a Guerra civil española. Só non lle podían temer os políticos da dereita, eles non habían ser sacados das súas casas de noite polos fascistas, o resto tiñamos todos fundados temores. A pesar do cal na Galiza houbo xestos de resistencia e de dignidade civil que non foron rescatados para a nosa memoria. O cal paréceme gravísimo. Non sei o que fixeron en Madrid, mais nos nosos concellos esa noite existiu un país digno.
Eu só tiña dous anos cando pasou o do 23-F, por iso non podo lembrar directamente o que aconteceu. Resulta moi interesante coñecer a actitude dos colectivos implicados na vida política e social daquel entón. Normalmente nese día unicamente lembránse as experiencias individuais dos persoeiros que fan declaracións a artigo de rigor dos xornais.
Por outra banda, e relacionado coas dúas bandas ideolóxicas que, mal que nos pese, seguen a existir no Estado Español, foi arrepiante o que aconteceu no autobús interurbano Vigo-Baiona este venres 24 de febreiro pola tarde. Un grupo de trinta mozos e mozas de ¡quince anos!, máis ou menos,estiveron a cantar durante o traxecto o “Cara al Sol”. É incríbel e triste, pero certo.
Nos xornais destes días tampouco apareceu nada sobre o que aconteceu nas manifestacións que se fixeron despois do 23-F. Na de Ferrol, que é da única da que son testemuña, só se podían manifestar os de AP, UCD, PSdeG e PC. Un férreo servizo de orde, formado por militantes de UGT e CC OO, impediunos o paso a todos os que, con pancartas doutras siglas, pretendiamos unirnos á manifestación.O golpe non triunfou, segundo din, pero marcou ben algunhas liñas divisorias.
O triste do caso dos rapaces do autobus e que seguro que tiveron familia que sufriu cando foi a guerra civil.
Isto e o que pasa cando se esquece a historia.
Por encima de la mención soterradamente demagógica que se hace a “Madrid” en las líneas anteriores y que voy a obviar dada la inutilidad de luchar contra el rol obsesivamente negativo que se atribuye a la capital del estado en ciertos imaginarios colectivos incapaces de prescindir de él como chivo expiatorio o causa de todos sus males, etc, etc,quisiera dejar claro que también allí hubo gente que se echó a la calle, gente que se encerró en su casa y gente que hasta hizo las maletas, por si las moscas; pero ésto también pasó en Málaga, en Badajoz o en Zaragoza (Por poner ejemplos).
Ese país digno que es Galicia y sobre cuya dignidad no albergo la menor sombra de duda, se haría un favor a sí mismo si dejara de echar balones fuera y asumiera (para empezar)que el mayor dictador que ha padecido España y por ende ella misma a lo largo del siglo XX nació en Ferrol, que la gobierna la más rancia derecha desde tiempos inmemoriales y que el líder de la oposición (qué desgraciada casualidad) no nació precisamente en la Puerta del Sol, lo cual vendría muy bien a más de uno.
Boa tarde.