«Todos sodes capitáns», beizóns para Oliver e Martin Pawley
O éxito extraordinario da película de Oliver Laxe merece as nosas beizóns. Como tamén o apoio que lle leva proporcionando tan discretamente o noso admirado Martin Pawley. Para eles dous as miñas maiores beizóns.
Esta é, na miña opinión, unha nova verdadeiramente boa para o cinema, galego e de calquera lugar. É alentador que o triunfo dunha película como a de Laxe acade tanta cobertura mediática, nestes tempos nos que calquera imitación exitosa dos divertimentos americanos é elevada á categoría de “película do ano”. Non todo está perdido, afortunadamente.
Parabéns. O diario Il País, o pouco que di dél é q o Oliver é español. Bardem na prensa madrileña eclipsouno de vez (es lógico: “Penélope, mi amor!”)
Martin Pawley tamén gañou en Cannes?