Todos con "El Jueves"
A retirada da circulación de El Jueves desta semana ordenada polo xuíz Del Olmo paréceme un atentado á liberdade de expresión co que retrocedemos trinta anos. A portada non é un exercicio de sutileza, mais ese, con certeza, que non é a razón desta retirada. Cara ónde imos?
O que está claro é onde estamos. Estamos coma sempre.
Por Deus, non estamos coma sempre, só que coa familia real hai unhas consideracións que non se acaban de entender. O de antes era moito peor, sen comparanza.
E pensa vostede que debe haber algun límite a liberdade de expresión? Ou ningún, nunca, en ningunha circunstancia?
Os límites á liberdade de expresión están sinalados na Constitución: só cando se vulneren dereitos fundamentais das persoas. Claramente este non é o caso. Mais aínda, cando o exercicio deste dereito é un dos fundamentais e prevalece (como sinala a doutrina do Tribunal Constitucional) sobre outros. A torpeza do xuíz, e da propia Fiscalía Xeral do Estado, é clamorosa, como o efecto superpublicitario que produce, crticado até por Acebes. Con todo, é moi perigoso o procedente que abre. Temo que a partir de agora poidamos vivir outros episodios semellantes, sexa na prensa impresa, electrónica como no propio mundo do libro e doutras formas de comunicación. Agardo equivocarme, mais estes xuíces neocons non van conformarse.
a portada do Jueves da semana que ven no blog de kiko da silva:
http://kikodasilva.blogspot.com
Creo que Guillermo, o ilustrador, estivo moi acertado coas súas declaracións post-secuestro: “o propio sería que me cortasen a man dereita” e logo coas escusas: “os do debuxo non son quen toda a xente di, senón Tom Cruise e Katie Holmes”.
I é curioso ver a lista de publicacións secuestradas en España nos últimos 30 anos. Os motivos satíricos son maioría. Vese que España é un país serio…
O debuxo de Kiko da Silva, moi bo (coma sempre).
Vexo desproporcionada a medida, mais non me parece que unha viñeta así garanta a liberdade de expresión nin represente nada positivo para a sociedade.
Esa viñeta non está para garantir a liberdade de expresión nin ten porqué representar nada positivo para a sociedade. Unha decisión xudicial, si.
érache o que me faltaba, señor anónimo. esta decisión é a enésima proba de que a xudicatura española perdeu todo resto de independencia, por non dicir que perdeu o norte, por se xa non nos quedase claro coa lei de partidos e coa doutrina parot. por certo, non me sobrevalore as decisións xudiciais, polo menos mentres non sexan do tribunal constitucional.
Vese que non me expliquei ben, irmán anónimo: tentaba rebatir o argumento de X. Unha decisión xudicial debera representar algo positivo para a sociedade. Esa, concretamente, é unha vergoña. O que faga ou deixe de facer unha publicación xa non é asunto público nin ten que ser beneficioso para ninguén máis que para os seus editores ou os seus clientes. Iso quería dicir.
Mea culpa. Non lerá o comentario anterior.
Penso que a censura e o máis censurable de todo este episodio, no que dúas persoas que para min non significan más que uns ciudadans como outros calquera, usando duns dereitos nada propios do século, vivan como viven, e por riba, non se lles poida gastar unha broma.¡Retroceso do máis retrógrado, señores!