Tipos duros
Débolle ao agardado regreso de Lolo o coñecemento desta extraordinaria páxina. O coñecemento tipográfico é unha das ferramentas primeiras do editor que concibe o seu traballo como artesán do libro. Recoméndoa vivamente como fonte inagotable de coñecemento, xa for da historia da tipografía e dos mestres tipógrafos, como guía para o tratamento dos tipos e a composición equilibrada da páxina, ou, xa for como un xeito de manterse actualizado sobre as novidades e tendencias en tipografía e deseño editorial. Unha páxina que para os profesionais da edición debe constituír un enlace permanente. Parabéns agradecidos aos seus autores.
Brétemas recoméndoche, se non a coñeces xa, letra.oscarotero.com Creo que vai prestarche. Apertas
Ún sitio fundamental. Eu hai meses que o sigo. Tamén este: http://www.thinkingwithtype.com/, versión abreviada dun manual da profesora Ellen Lupton disque fundamental para deseñadores gráficos e editores en América. Botádelle un ollo. Resolve algunhas das dúbidas que se nos presentan adoito (diagramación, elección de tipos…).
Volveu Lolo, quen o ía dicir. De aquí a unhas horas hei tornar eu tamén con outro poema de Baudelaire. E a ver se cumpro con desvelar as miñas teimas.
Corrección: obviade un dos cualificativos “fundamental” e substituídeo por “imprescindible”. E soprádelle para que marche a ese til canfurneiro que quixo pousar riba da “U” que iniciaba o texto. Ai, a ultracorrección, esa si que vos é unha teima.
Do “U” (botariamos así a vida enteira).