Terceiro aniversario
Hoxe estas brétemas cumpren o seu terceiro aniversario. Dende aquela primeira anotación inocente e temerosa (paréceme agora) levamos publicadas outras 1.727 (590 noventa neste terceiro ano), un ritmo moi semellante aos dous anos anteriores. O blog medrou nas súas preocupacións temáticas, exploramos algúns camiños novos, aínda que no fundamental seguimos fieis ao interese pola lectura galega, concibida como ferramenta para comprender a cultura textual contemporánea, e ao fío do meu traballo cotián (quizais o principal argumento do relato) e das miñas preocupacións como editor en lingua galega. Non podemos queixarnos, tampouco, polas nosas visitas (unha media de tres mil por semana), 210.000 desque en setembro de 2006 colocamos un contador, aínda que o número de comentarios (uns oito mil dende o inicio) diminuíu este ano de forma notable (unha tendencia que observamos na maioría dos blogs). A principal novidade foi o inicio da nosa colaboración na rede social multilingüe de Blogs e libros, un dos camiños que me parecen máis colaborativos de cara un futuro que sei virá preñado de moitas mudanzas neste soporte comunicacional de identidades individuais. Agradezo moi sinceramente e coa maior humildade a lectura e os comentarios de todas aquelas persoas que se achegan a estas brétemas, beizóns para todas elas. Seguiremos navegando sempre que teñamos vento abondo nas velas.
Zorionak Manolo.
Seguro que el viento no faltará.
¡Siga así! E se falla o vento avise, que sopramos (no sentido literal).
¡Noraboa!
Moitas Beizóns !!! e coma di Rubém se precisa sopridos, avise que singraremos xuntos.
Unha aperta
Noraboa por este terceiro aniversario. Os lectores seguimos atentos dende o outro lado da pantalla.
Parabéns e que este vieiro de iluminación continúe outros tantos anos polo menos. Unha apreta.
Parabéns, compañeiro. E que veñan bos ventos, que as velas poñémolas nós 😉
Parabéns e siga así!
parabéns! es que sexan moitos máis anos!
Tres anos no blogmillo xa son anos. Os meus parabéns, Brétemas, polas achegas tan interesantes que fas no teu blog. En especial son asiduo ás seccións “Campo do Fragoso” sobre o evoluír do equipo olívico no seu periplo pola 2ª división e as novas sobre a edición. Saúdos.
Parabéns, Manolo. Son tres anos nos que puidemos aprender sobre o mundo da edición e da cultura desde dentro.
E que sigan igual de espesas estas brétemas no fondo do val!
Moltes felicitats, Manolo!
Parabéns, companheiro.
Rogério Santos (Lisboa)