Temos que morrer
O brillantísimo artigo de Suso de Toro contrasta, nas mesmas páxinas do Luzes de hoxe, coa lamentable obstinación do académico Franco Grande de intentar devaluar a calidade da literatura galega actual.
Coincido de cheo con Suso de Toro que non é cabal utilizar o pasado da literatura galega para destruír a presente, como, coincido, tamén en que “é perverso argumentar que os textos literarios máis interesantes son os que veñen doutras linguas”. Con todo, deste artigo fulcral, que sei comparten moitos dos autores e autoras da literatura galega (hoxe falei por teléfono con varias persoas que se amosaban moi identificadas co texto), recollo dous parágrafos claves que chegaron a emocionarme (sobre todo o primeiro):

- “[En Galicia…] Existen eses lectores libres, esas persoas, e non consinto que ninguén as liquide. Eses lectores que entran polo seu pé nunha libraría e piden un libro en galego son o froito de xeracións de escritores e editores, son uns miles e son, somos, un froito valiosísimo dun esforzo colectivo.”
- “A nosa literatura precisa unha auditoría, quizais externa: unha cuantificación obxectiva e logo unha valoración honrada, sen complicidades ideolóxicas e compincheos disparatados, mais tamén sen ruindades. Estamos no mellor momento dende os trobadores, non sei se iso é moito, mais é así por moita hostilidade que nos teñan.”
A entrevista do académico, sen dúbida, máis prudente que o seu artigo que provocou a polémica, non achega grandes novidades, coa excepción da importancia que concede a existencia dunha crítica literaria feita con seriedade e á oportuna distinción entre produtos editoriais e libros literarios, afirmacións que semellan ben atinadas e deben ser salientadas.
Só cabe felicitar aos responsables de Luzes por continuar alentando cada semana un debate literario democrático e desprexuízado, que contribúe a clarificar o futuro esperanzador da nosa literatura nacional.

Etiquetas. Luzes
Pois a culpa final será dos profes de galego porque “asignaturizan” (nova entrada no dicionario Franco Grande); non como os de gales, que seica entusiasman.
Despois de percorrer as marxes do rio (tanto follas parroquiais coruñesistas ou psoistas, como blogues idem antialgho) considero que o Franco Petit puido desvariar nun 50%, pero sigue estando aí outro (F.G):sen libro de texto venderían o que venden as librerías? (aquí entra o papel das subvencións…) e a cultura galega está asignaturizada ou non? (eu xa vou mási aló da literatura!). Lóxicamente estou a defender que a cultura galega sigue tribalizada, en demasía, por moita ideoloxía da “internetadición e festas varias” que se propague. Neste sentido unha das frases da Rexina é moi clara.
Pareceme a min que estamos ante o “inmovilismo” propio de moitos galegos, que non aceptamos a evolución propia en tódolos campos da vida. A literatura evoluciona o mesmo que o fai a técnica, a medicina ou a cociña, por exemplo. Pero so recoñecemos como propio o que leva ás costas unhas canta décadas. Aquí so ten valor o que facía a nosa aboa, incluído o pan da se Suso de Toro, ou o que ven de fóra. O veciño, pola contra, é un inútil. ¿Auto odio? ¿Sentemento de inferioridade fronte ao resto do mundo?