Acharemos un día máis brillante
Foi este 2016 un ano difícil, no que choramos aos nosos admirados Agustín e Fermín, dous mestres na vida e na causa galega. Xaora, non perdemos os bos costumes e celebramos o serán de San Silvestre cun tema de Oasis. Escollín este ano un clásico dos de Manchester, «Some Might Say», o primeiro sinxelo de (What’s the Story) Morning Glory, o seu segundo elepé (1995). Unha canción escrita por Noel Gallagher, propia dos que como Agus e Fermín, e tantas outras amizadess, acreditamos no optimismo da vontade para guiar as nosas vidas:
Algúns deben dicir, que acharemos un día máis brillante.
Algúns deben dicir, que acharemos un día máis brillante.Algúns deben dicir
Algúns deben dicirSome might say
Some might say
Os meus votos para que todos e todas achemos un 2017 máis brillante e esperanzoso.
Saúde, amor e boas lecturas galegas!