Onte 1914: Dúas películas de François Ozon
François Ozon, Frantz e L’ amant double. Dúas propostas que, aparentemente abordan temas e xéneros ben diferentes; a primeira, o da ausencia, a perda, o perdón e a expiación, no formato dun drama ambientado tras a Guerra do 14; a segunda, o da identidade, no que utiliza algunhas convencións do thriller. Mais tamén dous filmes onde identificamos as marcas propias ao narrador parisino: a obsesión pola ollada, a elegancia na composición formal e a absorbencia do relatado. Sendo o resultado moi distinto (a miña preferencia por Frantz é indiscutible), Ozon consegue en ambos os dous casos sorprender coa ollada feminina que guía o relatado. Abordando a historia dun mozo e dunha moza torturados por unha perda que saben non pode ser superada, Ozon ofrece en Frantz un impactante manifesto da tristeza, filmado en branco e negro sobre fondos de Chopin e Tchaikovski.
Nos últimos días vimos as películas máis recentes de