Sempre Lois Pereiro

Magoaríame que por mor do rebumbio estas brétemas non lembrasen que hoxe é o décimo cabodano de Lois Pereiro. Recomendo as homenaxes de Josito, Mourullo, Folerpa e Jaureguizar. Aposto polo vindeiro dezasete para o inesquecible Lois:

Cuspídeme enriba cando pasedes
por diante do lugar onde eu repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e furia necesaria.

8 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Non é o sitio, pero apoio a chamada: Manolo, non vaias Vigo necesita outro/a alcalde/sa pero precisa ainda máis referencias.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    LOIS PEREIRO (Monforte 1959- 1996)

    Luz e sombras de amor resucitado

    I

    A Immersión no silencio é o que distingue

    ós que aman con espírito suicida

    dos que somentes son

    un soño breve.

    Na viaxe nocturna que emprendemos

    polo interior dun corpo diferente

    un acto de amor é un fluído urxente

    de suor bágoas e esperma

    contra o medo

    palabras desarmadas

    desexos que se perden

    na néboa de mil noites

    entre as sabas revoltas

    polo feroz presente

    de dous corpos que esquecen.

    xuño 95.

    C) LOIS PEREIRO “POESIA ULTIMA DE AMOR E ENFERMIDADE 1992-1995

    cando paso cerca do río Mao, sempre o lembro.
    E o meu río, tamén.

    siloam

  3. folerpa
    folerpa Dice:

    Sempre é un afago ver que me enlazas, grazas.
    Por outra banda alégrome do teu rexeite, o noso mundo cultural non poder perde un editor coma ti nin as túas brétemas.

  4. sara jess
    sara jess Dice:

    “sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
    rozándome coas plumas levemente
    e desaparecías cun rumor minguante
    como a visión dun soño
    fracasado”.

Los comentarios están desactivados.