Semana dos libros prohibidos

Sei por vilaweb da celebración nas bibliotecas norteamericanas da Semana dos Libros Prohibidos para reivindicar a liberdade de expresión. A información sinala que nos Estados Unidos sempre hai escolas, institutos ou bibliotecas que prohiben algúns libros que lles resultan incómodos, xeralmente os relacionados coa temática homosexual, aínda que o libro máis censurado é The Chocolate War de Robert Cormier, unha denuncia da corrupción e da crueldade. Existen libros prohibidos ou censurados entre nós?

17 comentarios
  1. J. Manuel Outeiro
    J. Manuel Outeiro Dice:

    Pois como nom: por dar um nome da mais alta qualidade eis João Guisan Seixas, cuja magnífica “Tábua ocre de Núbia” (prémio Eixo Atlántico de Teatro), obra nunca representada e livro editado mas os exemplares sem distribuir apodrecendo nalgum sótão de Viana do Castelo. Por nom falar do resto da sua obra, que mal consegue ver a luz ou trespassar o muro de silêncio levantado neste país contra o reintegracionismo.

    Desculpe-me, Brétemas, a reivindicaçom descontraída, mas julgo que é pertinente.

  2. velaí
    velaí Dice:

    Censurados, e non polas institucións, foron os libros que preparara J.A.dURÁN para o Banco de Bilbao, con estudos de múltiples especialistas, e, creo, unha historia interna que lle encargaron da “Voz”, seica nunca publicada.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Eu oín que un coñecido director dunha coñecida editorial censurou a publicación dun libro dun coñecido ensaísta literario porque falaba que un coñecido escritor fixera un poema a Franco. E como ese coñecido escritor publicaba na coñecida editorial do coñecido director, pois este censurou o ensaio do coñecido ensaísta literario e non o publicou despois de telo apalabrado. Sabes algo deste caso, amigo Bragado?

  4. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Estimado anónimo: ben sabe vostede, tan ben coma min, que a obra que cita está publicada pola editorial Akal, “Os poetas galegos e Franco”, e pode atoparse nas librarías e bibliotecas. O prólogo que publicou o meu querido profesor don Xesús Alonso Montero explica, dende o seu subxectivismo, os avatares anteriores a súa publicación. En ningún caso, podo asegurarlle, que ben coñecín o asunto, se trata dunha censura. Non é ese un libro prohibido.

  5. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Pois, simplemente que o editor considerou que era preferible que se editase noutra editora e así llo fixo saber ao antólogo cando lle presentou a proposta da publicación. Cando un editor considera que non é oportuno introducir un título no seu catálogo non o está censurando nin prohibindo (madia leva!). No caso do que falamos existía sobradas razóns, mesmo de propiedade intelectual.

  6. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Pois, sinceramente, non entendo ben a aclaración. Será porque son un pouco curto… ou será porque non se dan argumentos.
    Cales foron os motivos que levaron a que o editor “considerase” que era “preferible” que se publicase noutra editora?
    Que circunstancia levaron a que o editor “considerase non oportuno” publicar tal título? Se hai “sobradas razóns”, poderían ser explicadas o máis claramente posible?
    Por suposto que, hoxe en día (estamos nunha democracia!), ningún editor pode impedir que un autor publique noutra editorial (agás contrato en exclusiva, que parece non ser o caso).
    Pero negarse a publicar unha obra que se tiña apalabrada, pois, en principio, semella unha sorte de (semi)censura e de (semi)prohibición.

  7. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Querido anónimo: coñecendo como coñezo o asunto do que debatemos, sorpréndeme que afirme que a obra estivera “apalabrada”. Con todo, insisto, e admito que o fago dende o meu subxectivismo, e podo estar trabucado, que a cuestión da que falamos non é un caso de censura, se non da liberdade lexítima dun editor de incluír no seu catálogo, o proxecto colectivo ao que se debe, un título . de feito, isto ben o comprenderon, tanto o antólogo como o editor, que despois daquel desencontro, seguen colaborando estreitamente.

  8. Serafín
    Serafín Dice:

    Quero pensar que nas bibliotecas escolares galegas de hoxe en día, a censura e os libros prohibidos non figuran entre os problemas principais. Sen embargo, tampouco é desbotable a idea dunha evidente falta de acceso a determinados libros debido ás deficiencias na adquisición de fondos por carencias económicas, falta de orientación e formación de persoal para a biblioteca…
    A principal canle de subministro é a oficial (Xunta, Deputacións, Concellos…) e as achegas das editoriais aos departamentos didácticos. Nestes paquetes, é certo que non figuran libros en galego reintegrado, por exemplo. Tampouco en lingua orixinal portuguesa, inglesa, francesa…
    Tamén, pode ocorrer que haxa un peso excesivo de novidades editoriais en detrimento dos clásicos. Un lector de 15 anos pode achar na biblioteca do seu centro poemarios recentes e non as obras completas de Verne…
    As obras de divulgación científica limítanse nalgúns casos a libros de texto ou obras desfasadas.
    Por non falar das videotecas, discotecas…O ideal de mediateca escolar aínda está lonxe de cumprirse
    En calquera caso, nuns anos a situación vai mellorar.

  9. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Amigo anónimo: sinto non ter argumentos para Vostede. Gostaría poder coñecelo, amosa un curiosidade moi perspicaz. Ben sei que estas son as regras da rede.

  10. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Era unha metáfora xa feita, e vostede sábeo. Nada de necrofilia, polo menos pola miña parte. Eu nin sequera vivo dos mortos.
    Fin.

Los comentarios están desactivados.