Rivas ao teatro
Manuel Rivas anunciou no programa El ojo crítico de hoxe, retransmitido dende a Feira, que acaba de rematar unha peza de teatro, O heroe, que será estreada por Sarabela no vindeiro mes de novembro, con motivo do vinte e cinco aniversario da compañía ourensá dirixida por Ánxeles Cuña. O heroe desenvolve o conto homónimo, protagonizado por un ex-lexionario que se transforma en subversivo. Xa se ve que o vindeiro outono ven cheo de novidades.
A propósito dun nome citado, estes días unha das conversas expectantes refírese á sucesión na cabeza do CDG.
Supoño que non é doado atopar un nome axeitado para o posto. Sería desexábel que fose unha persoa co máis amplo consenso dentro da profesión teatral galega, atributo que dificulta extremadamente a escolla.
Aparece neste seu comentario, señor Brétemas, o nome que a min me parece máis axeitado para o posto: Ánxeles Cuña.
Por se a ninguén se lle ocorrera antes, eu sóltoo aquí coa esperanza de que corra.
Sen dúbida, sería un gran directora.
Sen dúbida, sería un gran directora.