Pucho Boedo
Souben hoxe da noticia da homenaxe que se está a preparar en lembranza de Pucho Boedo o domingo 5 de febreiro no Pazo da Ópera. Semella que vai participar unha tropa de medo. Boedo é un dos heroes secretos de Galicia e merece seguir sendo cantado e recordado. Unha iniciativa moi boa para comezar este ano da Memoria.
Ai, o gran Pucho, que cantaba coa verdadeira alma, isto é, coa “ialma”.
Súmome á homenaxe.
ollo, Brétemas, que tamén se lle vai organizar unha homenaxe a Andrés do Barro este marzal, en Conxo. seguro que a través da VA-CA teremos novas pronto.
saúdos
Pois, magnífico! Andrés ben o merece, tamén.
Saúdos.
I read over your blog, and i found it inquisitive, you may find My Blog interesting. So please Click Here To Read My Blog
http://pennystockinvestment.blogspot.com
Pucho Boedo é, para moitos, a voz na que oímos por primeira vez algún dos nosos grandes poemas. Súmome con absoluto entusiasmo á homenaxe.
Sara, o 2 de Março cumprem-se 150 anos do Banquete de Conjo É provável que fagamos algo, mas o da homenagem a Andrés do Barro a verdade é que nom o tínhamos pensado 🙂
Tenho entendido é que o Luar da próxima sexta-feira (27 de Janeiro) o Luar vai estar dedicado a ADB. Haverá que vê-lo, sobretudo se o repetem o domingo.
De Pucho Boedo também somos fans totais. Aliás, foi o candidato mais votado para o prémio Vaqueir*s do Ânus, que entregaremos proximamente.
Lambedelas,
Desculpas polos erros gramaticais do comment anterior. Foi um lapsus machinae.
Si, viva o grandísimo Andrés do Barro!!!
Grazas a el encontramos a unha “muller xeitosa”.
a voz de pucho tinha algo que aínda cala na ialma…o gran pucho…
Pois que alguén lembre que Roberto Vidal Bolaño tiña en mente un espectáculo do que, con saber o título, non facía falla moita máis explicación: “A desgracia de ser de aquí ou que sería de Pucho Boedo se houbera nacido en Cincinatti”.
Onde podemos mercar as entradas para o homenaxe de Pucho??? Non quero que pase coma con Sabina que cando me enterei xa non quedaba ningunha!
O de Andrés do Barro é xa seguro?