«Protexta 09»
Mañá distribúese cos periódicos do grupo La Capital o novo número de Protexta, o magnífico trimestral literario de Tempos novos. Por agora, xa se pode descargar un adianto, a entrevista de Bieito Iglesias a Gao Xingjian. Coordinado, agora, por Ana Salgado, o número promete: entrevista nas páxinas centrais a Manuel Rivas, e críticas dos seus dous recentes libros de xornalismo literario; ademais dun boa restra de críticas de novidades (que alentan a nosa curiosidade). Parabéns o novo equipo de Protexta, un soporte fundamental na nosa crítica literaria independente.
¿De veras? ¿Unha entrevista a Manolo Rivas? ¡Qué gran idea! ¡Qué orixinal!
(Un abrazo a Rivas, que non ten culpa)
Si o, o temos ata na sopa, o outro dia na tv en castelan.
.Esperemos k saian novos escritores.
E en iso D. Manuel, esta a dar “cancha”
A.C
A Rivas había que queimalo en estatua. Facer con el o que xa fixo La Voz de Galicia: facelo desaparecer.
Eu non quería dicir iso, non creo que haxa que ter nada contra Rivas, todo o contrario. Pero sí contra os gurús das revistas e os “animadores culturais” que andan con orelleiras de burro e non saben ver máis alá do punto fixo do abrevadeiro. Non é así como se crea patria, nin literatura galega.
Iso quería dicir.
(O anónimo das 9:24 PM)