Proporcións
Que é o que ten este libro de relatos para gañar todos os premios? Lino, antes de ser editado, e creo que o fixen con moita atención e interese, e non lle atopo explicación literaria convincente ao seu éxito entre os críticos. Semella que as miñas proporcións non son as dos xurados que o premian. O de Miguel, sen embargo, premiado tamén a semana pasada polos libreiros, paréceme ben merecido.
Pois xa somos dous 🙂 Eu tamén o lin, e pareceume moi frouxiño. Boa parte dos relatos son tópicos e faltos de intensidade.
Os dous son ben frouxos, sobre todo se os comparamos por exemplo con Ser ou non, de Xurxo Borrazás e con A cousa vermella, de Olga Novo. Eses si son libros excepcionais que merecerían ser premiados pola crítica.
Pero a saber qué “crítica” foi a que concedeu o premio. ¿Hai xeito de coñecer a composición do xurado?
Somos tres. En As humanas proporcións achei relatos realmente mediocres. Tamén me pregunto que fixo o amigo Constenla para merecer todos eses premios…
Por certo, sobre este tema hai un artigo moi interesante de Araceli Fiaño no Cartafol de Libros (www.vieiros.com) onde se desentraña o misterio dese bretemoso xurado que galardoou a Fernán Vello e Constenla cos premios da crítica