Primeiro aniversario

Hoxe estas brétemas chegan ao seu primeiro aniversario. Empeceinas, case ao mesmo tempo que o meu amigo jaureguizar, coa inxenuidade de quen descoñece que esta escrita comunitaria na rede ía crearnos certa adicción, moitas satisfaccións e pequenos disgustos. Confeso que me mudaron a vida. Grazas a elas aprendín a moreas da xente marabillosa do blogmillo e das pequenas comunidades de persoas participantes na rede da conspiración dos libros libres. A todas elas, beizóns!

Entre os 540 posts publicados prestáronme, por moi diversas razóns, esta ducia (un de cada mes):

Estas brétemas pretenden seguir este segundo ano co mesmo empeño de esperanza que as viu nacer.

23 comentarios
  1. Txetxu
    Txetxu Dice:

    Eskerrik asko Manolo. Hemen zu eta biok jarraituko dugu idazten, pentsatzen eta gauzak elkar egiten guztientzat.
    Besarkada bat.
    Txetxu.

    Orain erderaz

    Gracias Manolo. Aquí seguiremos tú y yo, escribiendo, pensando y haciendo cosas juntos para todos.
    Un abrazo

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Parabéns e grazas. Sempre é refrescante camiñar entre as brétemas.

    Mil primaveras máis para as nosas brétemas.

    O Chaíñas

  3. Jaureguizar
    Jaureguizar Dice:

    Reciba unha aperta pensando neste ano. Eu cumprín o día 1, pero non celebrei porque, como lle escoitei unha vez a Cuiña diante de varias fontes de pinchos: “Non temos tempo de festas, estamos traballando por Galicia”.

  4. Smontes
    Smontes Dice:

    Parabéns. A opinión e o debate son obxectos de valor dificilmente ponderables, pero todos os que seguimos este blog coincidimos nun alto recoñecemento ás túas achegas.

  5. Gremio de panadeiros
    Gremio de panadeiros Dice:

    Noraboa, Brétemas. Que este ano vaia mellor, tanto no plano editorial coma persoal. Lémbrate de nós o día de San Honorato, patrón do pan.

  6. Boedense
    Boedense Dice:

    Deséxoche os meus parabéns neste primeiro aniversario. Oxalá celebres moitos máis no blogmillo. Sería un bo sinal. Deica outra

Los comentarios están desactivados.