Presente e futuro do Libro Galego
Mañá pola mañá estaremos no foro «Presente e futuro do Libro Galego» organizado por El Correo Gallego. A partir das 12.00 participarei nunha mesa redonda sobre «Innovación e novas tecnoloxías no libro galego» na que acompañarei aos editores Carlos Lema e Juan Blanco Valdés, cao director de cultragalega.org Manuel Gago e co presidente do Clúster do produto gráfico Jacobo Bermejo, todos os catro admirados profesionais da edición e bos amigos.
Acábome de dar conta de que non houbo ningunha muller en ningunha das mesas. Cousa curiosa… Ou, se cadra, non.
Saúdos