Premios da edición 2005
A Asociación Galega de Editores convocou hoxe os Premios da Edición 2005 que serán dados a coñecer na primeira Noite da Edición (o vindeiro 17 de decembro). Os premios contarán con cinco modalidades:
- Premio Ánxel Casal ao Libro do ano, co que se pretende recoñecer un libro editado polos membros da AGE e publicado orixinalmente en lingua galega entre o 1 de decembro de 2004 e o 30 de novembro de 2005.
- Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2005, co que se pretende recoñecer un libro traducido para o galego e publicado polos membros da AGE entre o 1 de decembro de 2004 e o 30 de novembro de 2005.
- Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do 2005, co que se pretende recoñecer un libro ilustrado editado polos membros da AGE e publicado orixinalmente en lingua galega entre o 1 de decembro de 2004 e o 30 de novembro de 2005.
- Premio Francisco Fernández del Riego á colaboración no labor editorial do ano, co que se pretende recoñecer o traballo realizado por unha persoa, colectivo de persoas, entidade ou institución das que colaboran co sector editorial ou que participan na promoción do libro editado en lingua galega.
- Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano, co que se pretende recoñecer o traballo realizado por un autor ou unha autora, ou colectivo de autores/as, en lingua galega durante 2005.
Dende hoxe ata o 15 de decembro os editores proporán candidaturas e votarán entre elas. Esta é a primeira ocasión na que o mundo da edición en Galicia acomete unha iniciativa coma esta.
Noraboa pola iniciativa. Xa ía sendo hora de que fixeramos unha grande festa-gala dedicada ao noso sector editorial, e libreiro, e literario e, en definitiva, do libro. Parabéns e moita sorte.
Concordo con náufrago.Noraboa pola inciativa, agardemos que o premio para obras e autores supoña un bo pulo para a nosa literatura.
Admiten suxerencias?
falta un premio á mellor banda deseñada galega…!!!