Praza das letras
Coñezo grazas a Vieiros e de forma sorpresiva a aparición do primeiro número de Praza das letras, revista en papel de promoción do libro e a lectura que edita a Consellaría de Cultura. O deseño é magnífico e os contidos moi interesantes e coidados (repasándoa dinme conta que somos os editores de case todos os libros en galego sobre literatura e fútbol, madia leva!). Agardamos que o proxecto do portal web do libro galego, coa mesma denominación, sexa unha realidade proximamente. Benvidas todas as iniciativas que axuden a visibilizar o libro galego. Beizóns.
Estimad@ compañeir@ blogueir@:
Permíteme que che noticie que, desde onte e coincidindo co día grande da nosa escrita, tes un novo compañeiro de viaxe no seguinte enderezo:
http://www.ovixia.blogspot.com
Se queres pasar por alí, xa sabes onde tes a túa casa para ler e opinar sobre literatura galega.
Aproveito, tamén, para felicitarte polo teu blog, que consulto con asiduidade e interese, polo que existe na miña bitácora un enlace para el.
Un saúdo cordial.
O vixía