Pechou Galí
Cando camiñaba cara á presentación quedei magoado ao comprobar que a Libraría Gali pechara. Apagou este prodixio, a libraría máis antiga de España sen remodelar, que sobrevivía intacta desde 1872 no número 66 da rúa do Vilar. Apenas un carteliño no escaparate indica o traspaso do local. Como editora e libraría hai xa algúns anos que perdera pulo, mais aínda conservaba o encanto melancólico do seu magnífico escaparate e as súas vitrinas exteriores que tanto nos ensinaron durante os anos de emerxencia do libro galego. Hai seis anos, en Lugo pechara Alonso, a libraría da praza do Campo, fundada en 1863. As dúas eran as máis antigas de Galicia. Alá foron.
A verdade é que nos últimos anos daba moita mágoa entrar. Era moi difícil que tivera o libro que buscabas, a non ser que fora un clasiquísimo ou un best-seller, aparte dos de fotografía.
A verdade e que é triste pensar unha librería de toda a vida coma esa poida acabar convertida nun café ou algo así. En fin.
Era aquela librería que tiña mapas antigos no escaparate e onde, a través dos seus vidros, dende o soportal, víase un gato adurmiñado a carón do dono?
Mágoa!
Eu espero que non poñan unha tenda de roupa…
Mágoa tamén por Santiago, que se está a converter nun parque temático. Coas poucas ocasións que teño de ir a Compostela…!
Saudade.
Saúdos e saúde desde Oviedo para ti, Brétemas.
Aquí, nas Asturias, suxírovos que coñezades a librería Paradiso, en Xixón, na Cai la Merced; unha estupenda selección nun xeitoso marco.
Sinto correxirche Brétemas, pero o cartel do escaparate dí que se vende un piano. Pasei por alí o domingo pola tarde cuns amigos e o seu comentario foi algo así como que os libros deben dar ben poucos cartos, que ainda por enriba de pechar o local tes que vender o piano.
Unha mágoa
Un dia comentáronme no Suso que o dono da libraría (e de toda a casa) ó non ter fillos deixoullo todo ós empregados.
O peche penso que é un mal pagamento que lle fan os empregados a quen lle deixou en herdanza tan bo tesouro.
Cousas da modernidade, supoño que se convertirá noutra desas tendas que venden mamarrachadas para turistas.
Certo, certo. O cartel dicía que “Se vende un piano”. Mellor aínda!
Pregúntome: onde estaría o piano? Nunca o vin na chea de veces que alí entrei. Nos últimos anos a libraría estaba de capa caída. Falei con el cando publicamos o libro dos prodixios, onde lle dedicabamos dúas páxinas, e notei que aquilo tiña os días contados. Trataba de saldar o que lle foi quedando.
“Falei co libreiro” (as presas son malas compañeiras da escrita, desculpas polas grallas do meu comentario anterior).
Décheme duas malas noticias xuntas…Non sabía nada da Alonso de Lugo.
Cando se cerra unha libreria penso que todos perdemos algo.
Bicos.
Bueno, segundo a Voz de Galicia de hoxe mesmo (páxina 49, coido), GALI será unha tenda de recordos.
Cría corvos…
Os souvenirs sonche a grande industria compostelana. Eche verosímil.
Co amigos que somos neste país de pedir subencións, ¿é que ningunha Administración lle pudo botar un cabo? Para o importante nunca hai cartos