Papyre 6.1
Continúa a procura dun estándar amigable para a lectura electrónica. A empresa española FacThor anuncia a comercialización dun dispositivo electrónico que permite a reprodución de contidos dixitais (libros e documentos diversos) “cunha calidade de lectura como a dun libro en papel”. Custa 350 € e xa se pode solicitar por teléfono. Como será?
Etiquetas: Papyre_6.1
E non haberá na Universidade de Vigo, Teleco mediante, un proxecto para adiantarse nestas tecnoloxías con libros en galego, por exemplo.
É pregunta, obviamente.