Outro libro electrónico
Aínda que non foi lanzado coa espectacularidade do iphone (unha marabilla!), o Sony reader é unha nova proposta de libro electrónico. Aparecido no mercado norteamericano hai catro meses, utiliza a tecnoloxía de tinta pasiva que imita a iluminación natural, o que permite ao usuario ter a impresión de estar lendo unha folla de papel (o que quere dicir que permite unha mellor lectura de pantalla que a maioría dos LCDs). Na tarxeta de memoria pode almacenar arquivos de textos, pdf, imaxes e formatos mp3. Sen mudar a batería ten capacidade para ler 25 libros (unhas 7.500 páxinas). Nos EE.UU. custa 280 € e as vendas din que son mellores do agardado, sendo considerado un dos mellores gadgets de 2006. A verdade é que os e-books, ata agora, non acabaron de arrincar (as novas pedeás de HP xa nin sequera montan o reader). Será o Sony reader outra intentona fracasada? Nos vindeiros meses estará aquí á venda. Haberá que probalo.
Merece a pena botarlle unha ollada á presentación do iphone: como lección de marketing non ten precio. A elegancia da tipografía empregada na pantalla xigante o ritmo do espectáculo por riba ás veces do propio producto (completamente engaiolante, por outra parte) é inigualable. Pode verse efectivamente na páxina de Apple.
Moito me temo que ten os días contados, igual que as PDAs. Os que están a mudar a velocidade de vertixe son os teléfonos que, aos poucos, van integrando todas as utilidades doutros cacharros. É verdade que se podería dicir que son as PDAs as que están a devorar os terminais telefónicos mais o márketing vai na outra dirección: en principio o número de usuarios potenciais das PDAs ou dos libros electrónicos é infinitamente menor que o dos teléfonos; fagamos entón teléfonos, mudemos o concepto do teléfono e santas pascuas plin!
Noutros países, incluso europeos, estáse a investigar e a desenvolver contidos educativos para móbiles, mesmo en forma de campañas de animación á lectura (hai incluso onde consideran que os citados trebellos foron a clave para a recuperación de xeracións enteiras de lectores!) mais iso non significa só converter os libros de papel en arquivos de diferentes formatos e vendelos ao mesmo prezo ou semellante que os de papel, ten que haber proxectos sustentados en bases sólidas.
Paréceme fantástica, aínda que non pase de ser unha excepción nunha realidade que polo de agora vai por outros camiños, a iniciativa de Rinoceronte de ofrecer descargas, diría máis de cortesía que gratuítas, dunha boa parte do seu catálogo. Creo que gañan moito máis do que eventualmente poderían perder e desexo como habitual lectora e compradora de libros que se estenda o exemplo desta xente.
Que editora galega se anima a ser a seguinte?
O grande problema dos aparellos estes é que nunca queda claro que formatos len e se poderán ler formatos futuros. Despois está o tema dos cartos. 280 euros paréceme unha burrada por un chisme que non fai nen a metade de cousas que unha computadora. Unha computadora, ademais de darche a seguridade de compatibilidade absoluta custa relativamente pouco máis que o invento este. Si, está o tema do efecto luz natural, pero non me creo que no fondo sexa tan diferente dunha pantalla normal, sen descartar que as pantallas normais comecen a traelo de serie en breve.
Eu non sei, no digo desta auga non beberei, con mais aparellos pasoume, pero onde este un libro mercado no sitio de sempre.Por outra banda, por eso dixen o da auga jajaa, baixo muscia, peliculas etc..pero non sei igual cos libros son mais purista, con esto non digo que eses aparellos esten ben por exemplo no caso que señan libros dificiles de atopar que os teñas que baixar a collons nese caso si.
Unha opinion miña na mais …:)
saudos!
un bo blog