"Os libros arden mal", premio AELG
Os libros arden mal recibiu onte o seu sétimo premio, o da AELG.
A velada de entrega destes premios, concedidos polos escritores aos seus colegas, resultou moi entrañable e moi ben levada, con enorme elegancia e moito ritmo, por Cesáreo Sánchez Iglesias e Mercedes Queixas. Beizóns para eles dous e o seu equipo.
Especialmente emocionante foron as palabras de Pepetela, que recibiu o “premio de escritor galego”. Ao remate da noite soubemos dunha noticia extraordinaria que, agardo, poidamos anunciar nos próximos días.
Etiquetas: AELG
Nada mellor que esa frase final para espertar a curiosidade. Home, iso non se fai. 😉
jajajjajaja
a min tamén me preguntaron polo mésenller qué sería iso, hahaha… brétemas, ten a intelectualidade galega pendente de vostede, 😉
Non me diga máis: vai mercar FADESA a Cidade da Cultura. Viva! 😛
Vai ser que se cumpla a resposta ao número 7 do seu cuestionario proust.