Os enigmas mundiais de 2006
A xente de IGADI adiántame por por correo electrónico a súa Guía exterior 1/2006 onde reflexionan sobre a ducia de enigmas sobre política internacional que eles albiscan para o ano que comeza:
- Sairán os americanos e británicos de Iraq?
- Destronará a gripe aviar ao terrorismo como maior preocupación global?
- Avances ou retrocesos na proliferación nuclear?
- Qué camiño elixirá Belarús?
- Haberá Putin despois de Putin?
- Reconciliaranse China e Xapón?
- Haberá cambio de réxime en Siria?
- Consolidarase a viraxe á esquerda en América Latina?
- Quen substituirá a Kofi Annan?
- Retomará Europa o debate sobre a Constitución?
- Cabe agardar mudanzas reais para África na consecución dos Obxectivos do Milenio?
- Recuperarán os demócratas o Congreso en EEUU?
A verdade é que a situación internacional preséntase para este 2006 con escasas certezas para a transformación dunha situación moi viciada polo actual unilateralismo estadounidense que todo o asolagada. Non gusto desta axenda mundial que, porén, merece toda a nosa atención.
Pois vou xogar un pouco a Rappel (espero que non lle importe):
1. Mentres as súas empresas precisen protección, non. E non parece que se vaia arranxar o asunto.
2. Non, morren os de sempre. A gripe aviar non vai afectar a un segmento de povoación que non sexa o mesmo que morre en inundacións, catastrófes naturais e similares.
3. Retrocesos.
4. Esa píllame un pouco out.
5. Seguro que aparecerá algún e, por pura probabilidade, quizáis sexa algo mellor. Yeltsin, Putin… non sei se pode empeorar moito.
6. Probablemente. Os xaponeses non han ser os únicos no mundo que non queiran venderlle de todo a China.
7. Nin idea.
8. Non sei… Hai xente á que lle pon moi nerviosa Chaves e non os culpo. A min tamén me pon algo atacada oír que fala con Deus. E esa vai ser a excusa perfecta. Seguramente, cos governos de Brasil e o futuro governo chileno non se atreverían.
9. Un calquera. Total, para o que vale a ONU.
10. Penso que non: xa se decatarían co de Francia que cando a xente pensa, están fodidos. Así que nada de debates.
11. Non.
12. Tendo en conta que a maioría da xente que tería que botar pestes contra a Administración Bush non se inscribe para votar, non dá boa espiña. Pero poida que comece a estar algo queimado incluso para os seus. Tampouco hai moita diferencia entre uns e outros (ou eu non a vexo).
E eu que boto de menos a Clinton…