Onte 33: DNI

Cando fun renovar o DNI, comprobei o moito que mellorou a atención ao cidadán por parte dalgúns servizos da Administración do Estado. Apenas agardei dous minutos máis da hora fixada na cita previa, que a semana pasada escollera en Internet. Fun atendido en galego sen telo solicitado, abondou un lacónico «Bos días», tanto por parte dos membros da Policía Nacional, que controlaban as citas, como pola funcionaria, que se ocupou da renovación do meu carné. Tras vinte minutos, saín co meu DNI electrónico no peto, máis satisfeito ca un cuco. Este servizo do Ministerio do Interior, polo menos en Vigo, funciona de forma excelente. É xusto dicilo, non imos ser sempre uns repugnantes que protestan por todo.

3 comentarios
  1. xos
    xos Dice:

    Hai que valorar de cando en vez todo o que fai a administración, que é cada vez máis accesible, fronte ao escurantismo e dificultades de relación do cidadán coas telefonías, empresas suministradoras de luz, gas, etc, contra as que ademáis, temos menos armas. Cando falan de “externalizar” servicios públicos, xa me imaxino falando con 8 operadores distintos para renovar o DNI, por exemplo.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *