Onte 278: Bernardo García Cendán in memoriam

Magooume o pasamento de Bernardo García Cendán. Coñecino da man de Agustín Fernández Paz, que o tiña por irmao maior. Grande lector, Bernardo presentou moitos dos nosos libros en Vilalba e Lugo con mestría. Admirei sempre a súa cordialidade infinita, a súa disposición incondicional, o seu verbo preciso, a súa cultura extraordinaria, a súa actitude permanente de escoita e abrazo. Asocieino sempre a Fuxan os Ventos, quizais por que foi un dos autores dalgunhas das súas cancións; coa revista Encrucillada, da que foi un dos seus principais animadores durante décadas e coas súas columnas xornalísticas, «Cartas a Antón», que publicaba n’ A Voz de Vilalba. Bernardo foi un auténtico esteo de solidariedade e axuda para todos os membros da súa comunidade. Un profesor queridísimo polo seu alumnado. Un home bo, xeneroso sen límite. Deixa saudades moi gratas. Con todos os abrazos para os seus.

1 comentario
  1. Authorhouse
    Authorhouse Dice:

    Moitas grazas a todos unha relación dar. Realmente xeralmente tan grande, máis cheo, cun tempo bo para min persoalmente, así como os meus amigos da oficina de negocios para buscar o seu sitio practicamente 3 veces por semana para revisar o último leva podería ter

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *