Onte 1939: «Morir», a conmovedora película de Fernando Franco
Morir, a segunda película de Fernando Franco, demostra que o cine, ademais dun medio de lecer, pode ser unha poderosa ferramenta de reflexión sobre a propia vida. Este de Franco é un relato amargo dunha viaxe emocional provocada pola irrupción inesperada do cancro que descompón a unha parella para enfrontala ao qué entenden por amor. Unha película austera nos medios, mais de narrativa hipnóptica, que apenas nos concede tregua na cadeira. Alicerzada sobre unhas interpretacións extraordinarias, sobre todo a de Marián Álvarez, que o di todo coas súas olladas e os seus silencios, o film conta coa presenza constante do latexto do mar, que funciona como contrapunto da vida que se deteriora e axita sobre o precipicio. Morir é un relato convincente sobre a dor e sobre o propio momento da morte, tan difícil de representar na pantalla, tanto pola súa sobriedade como pola súa dureza conmovedora. Non é doado esquecer algunhas imaxes que nos enfrontan coa crueza da morte e da vida.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir