Onte 1611: Galegas coma ti
Gustoume a campaña Galegas coma ti, promovida na Coruña pola ONGD Viraventos coa intención de promover na sociedade galega unha actitude de acollida e respecto pola diversidade, fundamentada na comprensión do fenómeno migratorio. Na campaña, deseñada graficamente por Xosé Díaz sobre fotografías de Xurxo Lobato, participan persoas coñecidas como Manuel Rivas, Susana Seivane, Antón Reixa, Xosé Ramón Gayoso, Isabel Risco, Lucía Regueiro e Fernanda Tabarés fotografadas con outros cidadáns galegos chegados de Senegal, Marrocos, Rumanía, Cuba e Bolivia.Unha iniciativa concibida para superar prexuízos racistas e divulgar a idea de que a tolerancia e a defensa dos dereitos de todas as persoas son compoñentes esenciais da sociedade democrática. Todos e todas somos galegos, tanto os que aquí nacemos como que aquí decidiron construír as súas vidas e a das suas familias. Beizón.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir