Onte 1189: «Una semana en la nieve»
Tras o éxito dos libros narrativos de non ficción de Emmanuel Carrère, como El adversario ou Limonov, o editor Jorge Herralde decidiu recuperar este outono para o seu catálogo de Anagrama as dúas novelas que publicara con anterioridade, El bigote e Una semana en la nieve. A verdade é que lle tiña moitas ganas a esta última, polas recomendacións entusiastas de varios amigos. E abofé que non me decepcionou, papeina de dúas inquedantes e gozosas sentadas. Carrére escolleu unha atmosfera branca e moi fría para narrar con enorme precisión e elegancia unha historia sobre os medos da infancia e as feridas que condicionan a existencia futura. Coa presenza recorrente dos contos clásicos de Perrault e Grimm, o lector asiste desacougado á travesía dun rapaciño que, secuestrado emocionalmente polo pai, camiña cara a unha revelación espantosa, que moi pouco ten que ver coa fantasia, os pesadelos febrís e paseos somnámbulos vividos na súa semana branca. Novela valiosa.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir