Onte 1091: Adeuses
Despedimos onte en Alvedro a María que vai facer un máster dun ano na Universidade de Cardiff. Sempre me resultaron difíciles os adeuses, os últimos abrazos e olladas en fite entre os que marchan e os que quedan, instantes de emoción que visualizan tanto o inevitable medo ao descoñecido como a ledicia de enxergar un novo horizonte. Tras os adeuses de Alvedro, a familia comeza unha nova etapa, outro latexo para vivir e para acompañar a María nos seus afáns e esforzos para construír o seu futuro. Cando regresamos a Vigo comprendín que me roubaran un dos móbiles antes de saír. Tras bloquear a liña e esoutras trangalladas do caso, camiño da comisaría para poñer a denuncia, souben o pouco que dura a dóce melancolía dos adeuses. Seguimos.
Pena e alegría! E un pouco de rabia por ir a Alvedro.A ver se aparece o móbil.Hai xeitos de bloquealos bastante eficaces, que serven para que quen o rouba non o poda usar nunca.