O novo Auster en galego
novo libro de Paul Auster apareceu simultaneamente nas catro linguas oficiais. Galaxia volve acertar, despois da exitosa edición de Brooklyn Follies, e ofrece aos lectores galegos Viaxes no Scriptorium, o que supón a consolidación da tradución simultánea no mercado noso dun dos grandes do noso tempo. Non hai dúbida que nos dous últimos anos –especialmente grazas a aparición de Rinoceronte e á decidida estratexia de Galaxia (prepara 27 traducións este ano)– vivimos un momento de euforia da tradución, un auténtico termómetro para coñecer a saúde do noso mercado. Ademais, á saída da reunión da Comisión do Libro e a Lectura (a redacción do proxecto de Plan de Lectura, previsto na Lei do Libro, quedou listo), confirmáronme o importante aumento das axudas da Consellaría de Cultura para a tradución (por primeira vez chegarán aos 200.000 euros), o que deberá permitir a consolidación desta oferta. No entanto, a clave está na reflexión que fai Gardalivros: “Cómpre agora que os leitores poñamos da nosa parte a disciplina e a práctica da leitura que se precisa para criar hábito. Non vaia ser que nos atopemos, parafraseando a Schiffrin, con traducións sen leitores.” Eu teño confianza que esta euforia se poida consolidar. Polo momento, beizóns para Galaxia pola continuidade da súa aposta pola tradución contemporánea.
Hoxe foi un día importante para a edición en galego. O
¿Sabes de quén é a tradución desta obra? ¿Volve ser a inefable Eva Almazán?
Creo que si.