O histórico adeus de Fidel
Unha noticia tan importante debe quedar no arquivo do blog. Máis aínda cando o vindeiro venres, o meu compañeiro Xosé García Crego presentará (dentro dos actos previstos pola delegación galega) na Feira do libro da Habana a edición que preparemos das conversas do comandante con Ignacio Ramonet. Loxicamente, este episodio non esta recollido no groso volume de setecentas páxinas que editamos.
Certamente o día de hoxe ten -e terá- a consideración de histórico. Coa renuncia de Fidel unha parte decisiva do século XX e outra visión da transformación da sociedade (distinta do depredador capitalismo) esmorece. Atopámonos un pouco máis preto de sabermos se aquilo que Fidel nun momento dixo «A HISTORIA ABSOLVERAME» será realmente certo.