O 2005 en blogs
Aínda que sei que non hai que abusar do metablogueo, non me resisto a enlazar a lúcida análise do ano que realiza o mestre Pawley, a quen tanto admiro. Eu só lle engadiría unha referencia ao enorme traballo de Juan, un referente de xornalismo na rede comprometido e infatigable.
Certo que si, Periodistas21 é un magnífico blog. E grazas polos seus eloxios, non por desmedidos menos entrañábeis.
Perdón polo off-topic, pero que hai de aquel manual de portugués para galegofalantes que ía sacar Xerais?
“Portugalizar” está sendo ilustrado e corrixido de novo. Aparecerá de contado.