Nook, o novo e-book de Barnes & Noble
A aparición de tantos novos trebellos de lectura dixital xeralmente xa non constitúe noticia. Porén, este novo aparello presentado por Barnes & Noble, o chamado Nook, creo que achega varias novidades que poden convertelo nun bo rival de Kindle: pantalla a cor para os menús e tinta dixital (branco e negro) para a lectura dos textos, teclado táctil wifi, navegación utilizando o sistema operativo Android e custa apenas 259 dólares (catro vantaxes que o fan moi superior a calquera dos lectores que se venden hoxe en España). A aparición de Nook demostra que os novos aparellos serán cada vez máis atractivos, ademais da importancia de contar cun formato de lectura aberto ecompatible con diversos lectores.
Levo meses dándolle voltas a mercar un lector de libros electrónicos. Só hai unha razón que mo impide: DRM. Non concibo mercar un libro sen poder prestarllo aos meus amigos (aos que os devolven, claro). Hai algún lector/proveedor que non impoña políticas draconianas de DRM? Para cando un modelo como o de iTunes Store para a música?
Efectivamente, esta é unha cuestión que, aínda, esta mal resolta na distribución dos libros electrónicos. E insisto no, «aínda», xa que no actual mercado non existe un modelo de negocio que poidamos considerar estable. Non teño dúbida que ao longo dos vindeiros meses irán mudando moitas cousas, dende o prezo de cada unha das descargas até o proceso de incorporación dos arquivos aos lectores portables.
Unha pregunta sobre ‘literacidade’: E será mellor ‘alfabetización’ que é a tradución literal. Eu son pouco partidaria de importar termos do inglés cando hai un en galego aínda que soe distinto
Unha pregunta sobre ‘literacidade’: E será mellor ‘alfabetización’ que é a tradución literal? Eu son pouco partidaria de importar termos do inglés cando hai un en galego aínda que soe distinto
As like any multivitamin function, it is good for the immune system to protect your self from illnesses and stress related diseases. It also supports your body by giving you the additional strength needed when you do your body exercises.
thank you!
Many thanks for this article and for your whole site!
Great post ! thanks man
Obviously an supportive information by acknowledging about variety of models.But I want to acquaint with application features.