Naufraxios inevitables?

Esta secuencia interminable de naufraxios prodúceme perplexidade e enorme desacougo. Non se poden tomar outras medidas para atallar esta hemorraxia de sinistralidade no mar? Pódese aceptar como algo inevitable? Non é imprescindible acometer unha investigación sobre as causas do que sucedeu e depurar as responsabilidades que houber? As embarcacións actuais teñen as condicións axeitadas para facer fronte a estes temporais? Cál é a razón de que non se pechen os portos con condicións climatolóxicas tan adversas? As competencias e seguridade e salvamento marítimo non deberían ser transferidas de vez a Galicia? Preguntas que alguén debería responder, aínda que esteamos en plena campaña electoral.

Infografía: Galicia hoxe (picar sobre ela para vela grande).

Recomendo a lectura da documentadísima anotación de hoxe de Couselo: Los marineros gallegos y Portos de Galicia en el “año de la polka”.

Etiquetas:
2 comentarios
  1. folerpa
    folerpa Dice:

    De toda esta traxedia o que máis me arrepía é a resignación perante a traxedia(“o mar é o mar”, afirman) que mostran os mariñeiros entrevistados ao pé no peirao polos diversos medios. E O INEVITABLE confórmase así, unha vez máis, coma un dos elementos máis fortes do celme da nosa indentidade.
    Unha aperta, e coma sempre: grazas polo enlace,é unha honra.

  2. Pedro M. Souto
    Pedro M. Souto Dice:

    Sinto preguntalo neste post, pero levo tempo relándome a testa con esta cuestión que segue:

    Os Premios Xerais fállanse na Illa de San Simón, polo tanto van todos os finalistas á illa non?

    E logo os que non gañaron quedan alí todos chafados?

    Ha de ser o único premio galego que é resolto así, cos nervios dos convidados a flor de pel, non?

    Ademáis nunca sabemos o nome dos finalistas.

    As preguntas foron feitas sen ningún tipo de sarcasmo ou segundas intencións

    Agardo a súa resposta. Graciñas.
    Un saúdo.

Los comentarios están desactivados.