Morreu Camilo Gonsar
Acabamos de coñecer a noticia do falecemento hoxe do académico Camilo Gonsar (Camilo González Suárez-Llanos), membro da xeración da «nova narrativa» e un dos escritores galegos máis elegantes e discretos que teño coñecido ao longo destes últimos anos. As nosas condolencias para os seus.
Vaia ano levamos.
Para min o mellor escritor galego vivo, agora infelizmente desaparecido. Que sabemos dos funerais, incineracións ou o que sexa? Na prensa non se di nada.
Leva razón Mario, vaia vaga. Para min A Noite da Aurora é unha das mellores novelas dos ultimos 25 anos. Mágoa da súa pouca repercusión. Unha lectura obrigada.
Annus horribilis para a literatura galega!
Anónimo, segundo din no escelente artigo de Vieiros, xa foi alá: http://www.vieiros.com/nova/70166/deixounos-outro-renovador-finou-camilo-gonsar
Segundo di outro Anónimo en Folerpas, espallarán as cinzas en Sarria dentro duns días.