8
comentarios
Los comentarios están desactivados.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
Unha canción arrítimica en castrapo e con gheada forzada? Home, por favor.
Se é certo que isto é o mellor que somos quen de facer, deberiamos determo-nos a reflexionar todos un bo anaco.
Por se fora pouco, o retrouso impide que, cando menos, poda ser considerada unha “canción do verán”.
Doutra banda, se o rapaz leva o nariz vermello… e tamén zapatos grandes… veña, vai, imos-lle dar o prémio, a ver se nos leva polo porro cara a Deus.
Vaia desgraza de país contracultural.
Non vou ser eu quen defenda ningunha canción deste concurso. Non serei eu quen estea contento co apologhit… é unha forma máis de apoiar o fenómeno de músicas tipo ‘operación triunfo’…
Eu estou moi tranquilo porque na galiza hai moitos e mois bos músicos facendo moi boa música. A cultura nada ten que ver co ghit do verán… nada ten que ver co fenómeno mediático de música enlatada e fácil de consumir.
Por outro lado… tema arrítmico? Creo que o ritmo está ben clariño… o retrouso éche ben ‘veraniego’… agora ben, non utiliza a voz… non canta…
En definitiva, que non me gusta, pero tampouco esperaba nada deste concurso…
Agora ben, o que máis me gusta é o nariz de paiaso, aaaiiii, se foramos capaces de rirnos de nós mesmos e darnos menos importancia…. que ben nos iría a todos!!!
E por favor, non xuzguedes ao Pulpiño Viascón por unha soa canción (tanto para ben como para mal). Estou seguro que fixo unha canción a medida para o concurso… como ten que ser!
Ben clariño tamén está o ritmo dun S-O-S no meio do mar e non por iso deixaria de ser arrítimico como canción, digo eu. Se queres, non digo que non teña ritmo, senón que este é de média pataca.
Con respeito ao retrouso, se ti es quen de aturá-lo catro veces na mesma semana sen desenvolver nengún tipo de comportamento homicida direi, cando menos, que daquela eu preciso medicación.
O do nariz de paiso é precisamente o que eu digo: que me importa un carallo. Non, non por pór un nariz de paiaso vou pensar que o rapaz vén de descobrer o segredo da Santísima Trinidade (a solución basease, como non, en aprender a rir de nós mesmos) e dar-lle sen dubidá-lo o prémio. É moi ilustrativo que digas que é precisamente o que máis che gusta.
No que si que che dou a razón é en que o Pulpiño non debe ser xulgado por esta canción. Eu non coñezo ao indivíduo, mais comprendo perfeitamente que todos cometemos erros e ninguén é merecedor de ser lembrado por este atentado contra o bo gusto.
Tampouco concordo coa tua visión do concurso. Coido que nos faria moito ben un verdadeiro hit en galego. Non esquezas que a língua precisa urxentemente dun procesmo normalizador.
Alén disto, certos estilos musicais (o pop e o rock son os mellores exemplos) tenden a ser efémeros, e non vexo en que sentido isto é negativo. Unha canción pode estar moi lonxe de ser unha obra mestra e, no entanto, ter moito significado nun contexto determinado. Un bo exemplo seria o God save the Queen dos Sex Pistols, que hoxe soaria esperpéntica e segue a ser lembrado como un gran tema.
O resultado do concurso: outra oportunidade perdida.
A canción do verán non se busca… aparece…
Non entendo o de proceso de normalización… Hai que facer todas as tonterías posibles para intentar que o galego chegue a tódolos ámbitos?
A min paréceme que o que queira facer un concurso que o faga, pero facer diso unha cuestión lingüística ou normalizadora… un pouco de tranquilidade, se todo o teñimos de política lingüístia faremos que o galego sexa ‘demasiado’ importante, i iso fará que custe máis utilizalo. Digo eu…
Arrítmico… non acabo de entender o que queres dicir con esta palabra… eu só dicía que si ten ritmo, e ben clariño, un ritmo binario machacón, machacón… :-p
O caso é que escoitei o ghit para poder ter opinión sobre ela… pero non tiven intención de escoitar nada deste concurso…
O xurado: Nonito Pereira, Xil Ríos, Mónica Ares e Pía de Tolomei. Non sei quen son Mónica Ares, nen Pía de Tolomei… pero paréceme normal que non concorde cun concurso que ten como xurado a Nonito Pereira e a Xil Ríos… Simplemente porque non teño os mesmos gustos, non porque non sexan competentes… quede claro… que o nivel de susceptibilidade anda moi alto…
Bueno, que estou botando moitas palabras nun concurso que nin me vai nin me ven…
:-p
Por que dis que non entendes o do proceso de normalización? Imos ver: ti pensas que a música que se fai na Galiza (nas tuas próprias palabras, “moita e moi boa”) ten a repercusión mediática que merece? Daquela o “hit” non pode aparecer, como ti dis, porque non vai soar nas canles de televisión e emisoras de rádio. Somos un país colonizado, e os meios de comunicación que temos non reflicten a realidade musical galega.
As cancións do verán saen dos meios de comunicación e si, coido que é parte do proceso normalizador que os rapaces de quinces anos, sen teren nengunha cuestión política na cabeza, podan cantaruxear retrousos absurdos en galego, por moito que a ti che pareza unha estupidez. Unha língua reservada ás grandes reflexións metafísicas é unha língua morta.
Doutra banda, tamén hai cancións do verán (e, nun sentido máis amplo, cancións comerciais) que ao final resisten ao paso do tempo. Non é unha canción que me guste especialmente, mais vén agora ao meu pensamento o “Where do you go to (my lovely)” de Peter Sarstedt. Non estou moi certo, mais penso que comezou como unha canción do verán do 69 e aínda hai moitas persoas ás que lles encanta.
É dicer, o éxito non adoita vir da man da calidade, mais ás veces ocorre (se cadra o exemplo máis claro é o “Stairway to Heaven” de Led Zeppelin, unha canción boísima da que, por algún estraño motivo, todo o mundo gosta).
Pensar na canción do verán como algo normalizador da lingua é darlle un peso que non necesita unha canción do verán… A pouco que isto se transfira na propia canción, perdeu todo o seu efecto…
A normalización ven na utilización, e o que hai que facer é promovela en tódolos ámbitos, medios de comunicación sobre todo….
Completamente dacordo en que unha lingua reservada a grandes cuestións metafísicas é unha lingua morta… pero facer de todo unha cuestión de normalización lingüística tira para atrás… (Miña nai, que sempre falou en galego, tivo unha época na que me chamaba ‘galleguista’, por falar en galego e querer que ela me falara a min en galego. Agora que a cuestión está esquecida, expresámonos en galego sin ningunha connotación)
Simplemente digo que hai que relaxarse… utilizar o galego sen máis e deixarse de purezas e ultimatums…)
Seguro que hai cancións do verán moi boas… pero non coñezo unha soa canción creada co afán de ser a do verán que me guste…
Saúdos. 🙂
Grande Viascón. Grande Jarbanzo. Grande ‘A Coruña de rachí’ (Galicia en festa). Ese si que é o verdadeiro ghit, a canción dos últimos da noite, o himno.
home dentro da lista de cancións polo menos era a que tiña mellor producción, polo menos sonaba. Creo que esta idea do “hit” podia xa convertirse en anécdota espero que non se repita para o ano que ven. As cancións non soan ben (refirome a son de producción e estudio), os cantantes desafinan a dios (bon perdoamolos), en canto a tocar a xente está comenzando. Digamos que parece para grupos noveis. Normal que gañara Pulpiño. El ten unha traxetoria na música pop-rock.En canto ó xurado tamén teño ás miñas reservas. De todo xeito todo isto debese ó excesivo licor café das letras ou galiciatipic, á palabra FESTA, rollo galizatropical Mas de lo mismo.Para facer unha canción en galego debese falar tanto dos tópicos ? e logo decian de Ana Kiro e de Sabela. Isto parece o mesmo con outro xénero musical.