María Mariño
María Mariño sentiron polo nomeamento da noiesa do Caurel como figura homenaxeada nas Letras 2007. As catro sobriñas da poeta, xa bastante maiores, viven en Madrid e Euskadi (onde tamén chegou a emigrar a nosa “poeta dinamiteira da linguaxe” antes de casar con Roberto Posse Carballido, mestre de Parada do Caurel). Maite Martín Barrenechea, a sobriña neta e voceiro da familia, díxome que están moi orgullosas de descubrir as súas raíces na fala nosa.
Un dos momentos máis emocionantes que vivín estes días foi comprobar a gratitude que as herdeiras deO nomeamento de María Mariño –coincidindo co centenario do seu nacemento e o corenta cabodano do seu pasamento– é unha boa oportunidade, tamén, para que a sociedade galega descubra unha voz ignorada que para Ferrín, nun artigo publicado en La Noche en 1964, é unha “poeta abisal, posuidora dunhas vivencias líricas en nivel máximo”. Creo que o vindeiro 17 de maio asistiremos a un importante pulo desta efeméride tantas veces criticada.
Querido Manuel Bragado: tomei prestado esta nota túa e púxena no meu blog.Non che pedín permiso porque ben se ve de quen é o artigo. Unha aperta. Antón