Manteis

Fixen algunhas xestións e contactos. Foi interesante a entrevista con Sinéad Mac Aodha do servizo Ireland Literature Exchange (unha institución semellante o que pretendemos sexa o noso futuro Instituto Rosalía de Castro). Axuda a pagar a tradución das obras de autores irlandeses e mesmo, unha vez editada, á promociòn.
Sobre as dimensións da Feira. Medrou, indubidablemente, e a pesar da redución da presenza dos editores europeos (sobre todo espanhois e franceses). A forza emerxente, que provoca o crecemento da Feira, son os países asiáticos (Corea e Xapón pretenden facerse un oco en Europa cos seus produtos para a infancia).
O serán convida a visitar a cidade. Aquí en todos os cafés as mesas das terrazas están cubertas por manteis. Un detalle de bo gusto e de autoestima. Mais de cafés e xelados falaremos logo.