Madrid bole
Estamos en Madrid de fin de semana cultural. Pretendiamos visitar uns cantos museos e exposicións, asistir a un teatro musical e á nova montaxe do Tricicle. O primeiro día xa foi agotador. Dedicamos a mañá ao Prado, un museo no que sempre se descubre algo novo. Desta volta, quedamos moi impresionados coa profética modernidade, anticipatoria, do último Goya das pinturas negras. Ao mediodía cumprimos co rito de xantar en Casa Alberto, un local de sabor moi “taurino”, situado preto da praza de Santa Ana, que sabemos frecuentan adoito algún dos nosos deputados nacionalistas (alí paga a pena pedir o entrecote de boi, excelente). Despois rebuscamos durante un par de horas no hipermercado cultural, onde sempre se atopa algo descoñecido, sobre todo, na sección de DVD e de literatura en inglés, cunha oferta que nada ten que ver coa que atopamos en Galicia. E rematamos o día no teatro botando derreados.
Madrid é un bulebule moi riquiño. Nada que ver coa imaxe antipática á que nos teñen afeitos os produtores de odio e de medo. Sempre gosto desta cidade acolledora, onde hai moito para ver e para vivir.
Os produtores de odio e de medo é o que teñen. Mais, como ben di vostede, nada que ver coa cidade que se pode coñecer e compartir. Xa contará, se procede, que atopou na FNAC, esa tentación.
Sou português, encontrei este blog enquanto navegava e gostaria de saber, em linhas gerais, o que considera importante para abrir uma editora em Espanha. Conhecimento do mercado livreiro? Conhecimento sobre uma área específica como p. ex. ciências humanas ou outra? Conhecimento razoável do gosto do público em certa zona? Agradecia que me informasse, se possível e de preferência para o mail Luis_mc@clix.pt.
Obrigado.
A FNAC é unha auténtica tentación, si señor. Entre outras cousas levamos: “Slow Man” a nova novela de J.M. Coetzee, “Never Let me Go” a última de Kazuo Ishiguro, “El misterio de Navidad” de Jostein Gaarder, “Manuel tipográfico” de Christian Le Comte, os dous discos de Jamie Cullum… Unha fortuna.