Libraría Couceiro
Unha feliz noticia é a reapertura, a partir do vindeiro luns, da Libraría Couceiro de Compostela nun edificio totalmente recuperado da praza de Cervantes. Continuar coa especialización no libro galego e portugués (hoxe máis de dezasete mil títulos no seu catálogo) e no libro antigo e de segunda oportunidade, apostar pola literatura infantil e xuvenil e polas guías, concibir a libraría como punto de encontro e promoción do libro e abrir un obradoiro de encadernación artística (concibindo o libro como o mellor agasallo) serán os sinais de identidade da Couceiro do século XXI. Longa e exitosa vida para esta benquerida libraría. Beizóns para Xesús, Pablo, María e o resto do seu equipo.
Non era sen tempo!!! Xa pensei que toleaba.
Bueno, de cando en vez hai tamén novas boas.
Vino o outro día na rúa e confundino cun empresario diferente. Deus! A memoria é a máis traizoeira das inimigas.
É de agradecer a valentía desta familia. Cando na zona vella de Santiago en pouco tempo ten pechado duas librerias, Xesús Couceiro e familia incorpóran o seu negocio nesta zona. Nunha entrevista que lle fixeron hoxe na Radio Galega D. Xesús dicía que era normal que se pechasen negocios na zona vella, porque os comerciantes gañan máis co aluguer deses locais que traballando neles. Desexolles a maior sorte do mundo.
Neste blog aparece unha imaxe de como estaba antes o edificio.
saudos