Le Clézio, Nobel 2008
O bretón Jean Marie Gustave Le Clézio é o Nobel de literatura 2008. Como case sempre a elección semella inesperada, a pesar de que neste caso era un dos candidatos que se manexaban nas quinielas. Ao coñecer a noticia axiña nos decatamos de que se trataba do membro da xeración do «nouveau roman» do que Xerais publicara en 1987, dentro da colección Xabarín (daquela dirixida por Ferrín e Luís Mariño), Mondo e outras historias. A tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva (ademais de premiada co Nacional e co Ramón Cabanillas) fora a primeira desta obra a outra lingua. O Nobel constitúe unha oportunidade para descubrir a un dos autores da literatura contemporánea francesa máis aclamados. Precisamente, a pasada semana, apareceu nas librarías francesas a súa última novela, Ritournelle de la faim, publicada por Gallimard (como a maioría dos seus case cincuenta libros), a historia dunha rapaza de vinte anos que se converte en heroína.
Fíxome moita ilusión, Mondo foi un dos primeiros libros que lin en galego. Xusto esa portada… tería eu uns dez anos. Mil beizóns, e parabéns pola parte que vos toca. Grazas 🙂
Gran comentario o de Jaureguizar no seu blog: “O único que lin de Le Clézio é o nome en moitos sitios”, nun momento tan propicio para o disimulo.
¿Bretón? ¡No fastidies, Manuel!Le Clézio nació en Niza (Francia). Su juventud en Bristol y Londres; vive 12 años en México… Habla inglés, francés y español. ¡Ah! sus antepasados del siglo XVIII emigraron de Bretaña a isla Maurizio.
¡Ya te vale, Manuel!