Itinerarios literarios
Hoxe comprobei as posibilidades que teñen os itinerarios literarios como propostas de recuperación da memoria e novas formas de descubrir a cidade. A inauguración do itinerario lorquiano de Lugo, con motivo dos actos de homenaxe a García Lorca, constituíu unha oportunidade magnífica para achegarse durante máis de tres horas á figura do “poeta mártir”, ao tempo que para que gozar dun paseo devagariño polo Lugo de entre murallas.
A praza de Campo Castelo, ao pé do monumento de Ánxel Fole (onde Federico autografou o primeiro dos seus poemas galegos), o auditorio da Deputación (onde pronunciou a súa conferencia sobre María Blanchard), a rúa Quiroga Ballesteros (onde Lorca leu textos do seu libro inédito Poeta en Nova York) ou o coro da Catedral (espazo no que recitou a súa “Oda al Santísimo Sacramento del Altar“) foron algúns dos espazos onde unha numerosa comitiva literaria de máis dun centenar de persoas demorou coas súas palabras de lembranza ao poeta asasinado en Víznar.
Sinalar as nosas cidades con versos, cartografar a memoria dos seus escritores no rueiro (como sucede co modélico roteiro ourensán d’ A esmorga) son tanto propostas para facer reexistir as palabras entre a xente como medios para provocar unha nova ollada na cidadanía sobre a convivencia dentro das cidades. Beizóns para os organizadores deste novo itinerario lorquiano de Lugo. Unha iniciativa para emular noutras cidades nosas.

A cultura ten que estar presente tódolos días do ano e en tódolos lugares. E estas cousa axudan a fomentála.
Vide a Ribadavia.
http://ruaxudea.blogspot.com/
Na rúa Huertas de Madrid, barrio de poetas, o chan está marcado con versos, tal e como comenta Brétemas. O paseo marítimo de Panxón tamén conta con homenaxe á Casares.
En Nueva de Llanes (Asturies) también tienen versos en bronce por el suelo. Chulísimo.